Terra de Sena invita aos grupos da comarca a participar no Día da Muiñeira de Cee

08:08 19/04/18

A AC Terra de Sena de Cee convoca o XXXII Día da Muiñeira de Cee, que terá lugar, coma sempre o primeiro de maio, a partir das 17:30 na praza do Concello.
O ano pasado foron medio millar os participantes.
Ata o 25 de abril está aberto o prazo de inscrición para que os grupos de toda a comarca se animen a participar. Poden facelo en terradesenacee@gmail.com ou no 666655262.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).