Martes. 15.10.2024
El tiempo

As traballadoras do Mercadona de Cee concentráronse contra o despedimento dunha traballadora

Concentracion contra os despedimentos do Mercadona de Cee 2
Concentración contra os despedimentos do Mercadona de Cee
As traballadoras do Mercadona de Cee concentráronse contra o despedimento dunha traballadora

Este venres 9 de abril, ás 12:30h, as traballadores do Mercadona de Cee facían un parón e unha concentración para esixir a readmisión dunha traballadora e para rexeitar os últimos despedimentos que a empresa está aplicando en varios supermercados da provincia.

Convocada pola CIG, as traballadoras denunciaron a política laboral errática da empresa. “Mercadona escoita, a CIG está en loita” ou “Despedida, readmisión”, algúns dos cánticos que berraron as traballadoras,que tamén lucían algunha pancarta directa como a de “Estamos ata a cona dos despedimentos de Mercadona”.

Concentracion contra os despedimentos do Mercadona de Cee

María Alejos, responsable da CIG, explicou que “estas rescisións prodúcense malia a sobrecarga de traballo que hai no comercio de alimentación dende o inicio da pandemia sen que se reforzaran os cadros de persoal, cando as grandes empresas de distribución están sendo as máis beneficiadas economicamente”.

Explican ademais que o caso concreto da traballadora despedida en Cee débese a pequenos detalles que a empresa califica como “incumprimentos de método”, polo que califican o despedimento como unha “medida desproporcionada”.
A responsable sindical sinala ademais que a empresa utiliza o “chantaxe” con accións como a “prima anual”; e que toma excesivas represalias coas traballadoras, como a de Cee, que se atreven a denunciar as situacións laborais inxustas.

Piden así a súa readmisión, como a das outras 5 persoas despedidas na provincia nos últimos meses.

Novas relacioandas

Comentarios