Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Os traballadores de XEAL pregúntalle a Rueda se xa dá por perdidas as fábricas de ferroaliaxes

22-11-17_FolgaXEAL_07
Imaxe dunha concentración de XEAL o pasado inverno
Os traballadores de XEAL pregúntalle a Rueda se xa dá por perdidas as fábricas de ferroaliaxes

A venda de XEAL a un grupo especializado en enerxía hidroeléctrica, non calmou a inquedanza dos traballadores das fábricas de ferroaleacións. Máis ben todo o contrario, pois a operación ratifica que o interese das patronais empresariais multinacionais se centra nos encoros e nas centrais hidroeléctricas, deixando esmorecer as fábricas de ferroaleacións a pesar da concesión vinculante de ambas actividades, e a obriga das propietarias a manter os potos de traballo.

Este xoves, a nova propietaria, a checa-xeorxiana Energo-Pro, mantivo unha reunión co Comité, que terá asemblea cos traballadores o vindeiro luns. Así e todo seguirán solicitando novas reunións xa que a meirande preopación é que un dos fondos implicados na operación, Feroe Ventures & Investments non está suxeito ás obrigas da cláusulas das concesións que vinculan a produción de enerxía coa produción industrial, que foron concibidas como a mellor garantía de salvagardar o interese xeral, garantindo o emprego e a viabilidade das fábricas. 
No continuado proceso de desmantelamento e deterioro das fábricas e a perda de postos de traballo, o comité "non pode ver máis que con receo esta operación, xa que non se dan as garantías dun plan industrial e de viabilidade, non existe compromiso de rearranque dos fornos nin de mantemento dos empregos, nin de que se vaian executar os investimentos comprometidos". 

Neste senso, o comité recibe con sorpresa o "entusiasmo" amosado polo presidente da Xunta de Galiza ante o anuncio da compra e asegurando que Energo-pro é unha empresa "deste sector" e que "coñece este negocio". "Preguntámonos a que sector se refire Alfonso Rueda e se o Goberno galego xa dá por perdidas as fábricas de ferroaliaxes, algo que constituiría un agravio para toda a comarca".

Estación de Bombeo da Ruña

Atención especial merece o asunto da estación de bombeo da Ruña, un proxecto pura de especulación enerxética que se basea en sacar rendibilidade da variación de precio da enerxía, bombeando cara arriba do encoro á nova estación cando a enerxía está barata, lanzándoa pola central do Ézaro cando a enerxía estea máis cara.

A operación especulativa vén de sacar á luz un nome que xa existía pero que non se coñecía, Feroe, sociedade a través da que se pretende construír e explotar a estación para evitar problemas administrativos, pois non forma parte do ámbito concesional.

Máis novas sobre XEAL

Comentarios