Os traballadores de XEAL arrincaron en Compostela a nova serie de mobilizacións

A manifestación de hoxe, que arrincou ás portas do edificio administrativo da Xunta e rematou diante de Augas, serve para poñer o foco nas esixencias que leva denunciando o Comité nos últimos meses. Esixen que se cumpran as condicións que teñen as actuais concesións, que contemplan o mantemento da actividade industrial nas fábricas de Cee e Dumbría, o mantemento dos postos de traballo e a actualización do convenio colectivo.
Todo despois de que nos 3 últimos anos as fábricas pasasen de ter 5 fornos en marcha para ter agora un en cada fábrica; de pasar de 293 traballadores fixos a menos de 260; máis de 80 eventuais que non volveron pisar a fábrica, como a empresa auxiliar que operaba.
O Comité de empresa lembroulle directamente á Xunta que ten solicitado unha reunión para ser informados sobre a petición dunha concesión á Augas por parte da empresa para realizar a estación de bombeo na Ruña:
Máis mobilizacións
Continuará no novo calendario de concentracións e mobilizacións que terán continuidade diante da fábrica, o xoves 22 ás 14:15 horas, e o 29 de setembro novamente en Santiago, diante da Xunta.
TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL
- Agosto 2022: O comité de XEAL solicita reunións cos grupos parlamentares, concello de Mazaricos e a Xunta.
- Agosto 22: O Comité de XEAL volve denunciar o intento de segregación entre a produción hidroeléctrica e industrial.
- Agosto 22: Unha estación de bombeo ameaza a riqueza natural do monte da Ruña, o cumio máis alto da Costa da Morte.