Un chamamento para dicirlle a Feijoo que a Autovía ten que chegar a Cee
12:25 12/03/15
Este venres 13 de marzo ás 18:00h da tarde o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo estará en Cee para inaugurar a polémica Casa da Cultura da localidade, e varias organizacións estarán presentes para recordarlle que a Costa da Morte ten necesidades.
Son os compañeiros do Foro Social Costa da Morte os que fan un chamamento a toda a cidadanía da comarca para acodir á inauguración e reclamarlle á Xunta que a Autovía da Costa da Morte ten que rematar en Cee como estaba previsto no proxecto inicial e non se quede á metade en Baio como finalmente decidiu a Xunta e ademais duplicando para iso o orzamento da obra.
Veremos como se porta a veciñanza da Costa da Morte a este chamamento, que nos atinxe a todos.
Novas relacionadas
- Piden a recuperación do proxecto integral da Autovía Costa da Morte.
- Artigos do Foro Social Costa da Morte en QPC.
Fonte
- Nota de prensa do Foro Costa da Morte.