Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Un condutor tivo que ser excarleado tras caer por un terraplén en Malpica

Un condutor tivo que ser excarleado tras caer por un terraplén en Malpica

Novo accidente o sufrido na noite do sábado ao domingo. Pasaba xusto da media noite cando un vehículo sufría unha saída de vía dunha curva, en dirección de Malpica a Carballo, caendo por un terraplén quedando volcado sobre o seu teito nun camiño de terra que había entre unhas leiras, O 112 mobilizaba aos Bombeiros de Carballo para proceder a excarcelar ao condutor, a única persoa que ía dentro do coche, e que nunca perdeu o coñecemento.

Acción preventiva en Cee

Así mesmo, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir á chamada da Garda Civil de Tráfico de Corcubión por mor de un socabón na rúa Campo do Sacramento, fronte restaurante Angueira, en Cee, por mor de un socabón na rúa, que podía ser perigoso para peóns e vehículos. Coa axuda de Protección Civil de Cee sinalizaron e cortaron parte de un carril da rúa.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios