Un cruceiro cultural de excusión de fin de curso
08:06 23/06/16
Excursion do Cole Manuela Rial en Pompeya
Como nos gustan estas excusións escolares, e máis cando escapan dos aquapark para sumerxirse en cidades e paises eminentemente culturais. Os alumnos de 4° ISO do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, gozaron da súa viaxe de estudos entre os días 3 e 12 de xuño. Un total de 25 alumnos e alumnas acompañados de 3 dos seus profesores gozaron dun fabuloso crucero polo Mediterráneo a bordo do buque Sovereign, onde puideron gozar dunhas merecidas vacacións á vez que completaban a súa formación académica coas numerosas visitas culturais que realizaron nas diferentes cidades nas que fixo escala o barco.
O cruceiro partiu de Barcelona o sábado día 4 e faría escala en Cerdeña o luns 6 onde visitarían a cidade de Olbia e as marabillosas praias da costa Esmeralda. Ao día seguinte, esperáballes o caos da cidade de Nápoles e a visita ás ruínas da cidade de Pompeya, sepultada polas cinzas do Vesubio. O mércores 8 sería a quenda da cidade eterna; visitando os lugares máis emblemáticos de Roma, como a Fontana de Trevi, o Coliseo, a Praza de España ou o Foro Romano. A seguinte parada sería no porto de Livorno, para visitar as cidades de Pisa, coa súa particular torre e a impresionante praza do Duomo en Florencia. O porto francés de Toulon, sería a última escala para desde aí visitar o impresionante pobo de Saint Tropez co seu porto deportivo plagado dos yates máis luxosos do mundo. E para rematar a visita guiada á cidade de Barcelona, o mesmo día do desembarque, visitando entre outros lugares o barrio gótico, as ramblas ou a vila olímpica de Montjuic, para finalizar a visita no Camp Nou, desde onde partirían de novo cara a terras galegas chegando o domingo 12 ás portas do colexio Manuela Rial Mouzo en Cee.
Unha experiencia que sen dúbida, ningún deles esquecerá e que pon o broche de ouro ao seu paso polo centro escolar que os acolleu desde os 3 anos, na súa etapa infantil e que o abandonan aos 16 anos co título da ISO.
En Pompeya
Fonte
- Manuela Rial.