Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar
07:11 08/03/17
Carlos Aymerich, profesor titular de Dereito Administrativo na UDC, elaborou un informe xurídico a instancias do Comité de Empresa
"A supresión ou cambio da prohibición de segregación en sociedades distintas dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande e da actividade industrial de ferroaliaxes en Cee e Dumbría suporía unha alteración substancial que, alén da mera autorización administrativa, levaría á extinción das concesións actuais - coa conseguinte reversión á administración galega de usos e instalacións". Esta é unha da conclusións ás que chega o informe xurídico elaborado pola Universidade da Coruña, e que esta mañá fixo público o seu autor - o profesor titular de Dereito Administrativo Carlos Aymerich - nunha rolda de prensa conxunta co Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. O documento, realizado a instancias da representación social, aborda a posibilidade, consecuencias e condicións da transmisión e modificación dos aproveitamentos hidroeléctricos dos que Ferroatlántica é titular nos ríos Xallas e Grande.
As conclusións ás que chega o especialista en Dereito Administrativo distan moito das afirmación que fai a empresa, incidindo no feito da necesaria autorización administrativa previa e que en ningunha circunstancia a Xunta pode autorizar a transmisión da titularidade das centrais se non se cumpren as condicións da concesión orixinal. Unha desas condicións é, subliñou Aymerich, "a de que non se poden segregar en dúas sociedades distintas as actividades de ferroaliaxes e a de produción hidroeléctrica", xa que esta cláusula persegue salvagardar un interese público: o mantemento do emprego e da actividade industrial na Costa da Morte.
A respecto das dúbidas que está vertendo a empresa sobre a legalidade da cláusula que obriga a manter vinculadas ambas actividades logo dos cambios no marco regulador do sector eléctrico, Aymerich defendeu que non existe ningunha normativa que determine que esta condición poida ser ilegal. "A normativa eléctrica o que estabelece é a obriga de separar en sociedades diferentes a produción e comercialización da enerxía. Pero aquí estamos a falar de dúas actividades completamente diferentes, a enerxética e a industria de ferroaliaxes".
Caducidade das concesións
"As conclusións do informe apoian as nosas teses e confirman que se hai un cambio das condicións orixinais das concesións isto será motivo de caducidade das mesmas e polo tanto, deberán ser devoltas á administración", afirmaron dende o Comité de Empresa. Ademais, segundo o informe, nestas circunstancias as instalación reverterían gratuitamente a administración que só estaría obrigada a indemnizar o valor das obras non amortizadas.
A este respecto, dende o Comité lembraron que o Grupo Villar Mir xa pretendera segregar as actividades cando adquiriu os saltos de auga e o complexo industrial a Carburos Metálicos nos anos 90. Unha pretensión que, daquela, a Xunta non autorizou, estabelecendo na resolución administrativa a vinculación das dúas actividades e preservando deste xeito o interese público. Un interese público que, como apuntaron dende o Comité, "é a única garantía real de mantemento dos empregos", ao ligar a actividade industrial ao dereito de explotación dos recursos naturais.
Relación coa consellería de Industria
Representantes do Comité de Empresa e Carlos Aymerich presentaron hoxe en rolda de prensa o informe xurídico
Preguntados pola utilidade que lle darán ao informe, dende a representación sinalaron que "facemos o traballo que nos corresponde, nese compromiso que adquirimos de traballar conxuntamente coa consellería de Industria". Censuraron que a estas alturas, tras comunicarse as autoridades bolsistas o acordo entre Ferroatlántica e o fondo de investimentos Brookfield, o conselleiro non teña aínda contestado á solicitude de reunión que lle trasladaron.
"Agardamos que Francisco Conde nos reciba axiña e nos informe de que se está a facer dende o departamento que dirixe", xa que o pasado mes de febreiro volveron a solicitar un encontro co conselleiro. Pola súa banda, a Xunta escúdase en que de momento a empresa non presentou ningunha solicitude á administración galega e que, non será até ese intre cando se elaboren os informes necesarios. Neste senso, recordaron que o grupo Parlamentar do PP instou a Xunta a preparar informes técnico-xurídicos sobre as condicións da concesión, "pero non sabemos en que sentido se farán eses informes".
Extorsión, acoso e chantaxe
No decurso da comparecencia o Comité denunciou a "extorsión, acoso e chantaxe" de Ferroatlántica aos cadros de persoal dos distintos centos de traballo para conseguir que apoien uns proxectos industriais "que non son máis que fume" e a través dos que a empresa pretende lexitimar unha operación "que legalmente non pode facer e así forzar a administración a autorizar esta venda especulativa". "Nesta campaña, a empresa recorre a toda a maquinaria propagandística da que dispón para convencer das bondades dun plan industrial e unhas inversións que, irrevogabelmente, liga a venda das centrais hidroeléctricas. Porén, espetaron dende o Comité, nos últimos 25 anos o grupo Villar Mir dedicouse a levar os beneficios por explotar os nosos recursos naturais a outras liñas de negocio fóra de Galiza e non reinvestiu nada nas fábricas de Cee e Dumbría" aseguran os representantes dos traballores e traballadoras de Ferroatlántica.
Por iso, aseveraron, "a empresa poderá ofertar os plans que queira, pero non hai mellor plan que reinvestir nas fábricas os beneficios que obtén de explotar as centrais hidroeléctricas. Iso, sen mencionar que a explotación dos recursos da mina de Serrabal está na base do seu proxecto estrela: Ferrosolar". Sobre isto último, a representación social acusou a empresa paralizar premeditadamente esta iniciativa, restrinxindo a carga de traballo para crear un contexto negativo "co que ameazar ao persoal con EREs e despedimentos se non asinan o famoso plan industrial".
Isto acontece a pesar de que o anuncio dunha nova planta de silicio de alta pureza en Sabón chegou antes de coñecérense as intencións de venda das centrais, das millonarias axudas públicas recibidas nos últimos anos en innovación e desenvolvemento, dos créditos concedidos hai uns meses polo Ministerio de Industria e, sobre todo, do compromiso de Pedro Larrea, Presidente de Ferroatlántica, de deixar FerroSolar fóra do conflito. "Con este panorama, como podemos crer nada do que nos conta a empresa?", concluíron.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])