sábado. 09.11.2024
El tiempo

Un intenso curso deportivo para pequenos e maiores en Cee

Un intenso curso deportivo para pequenos e maiores en Cee
Programa Deportivo Municipal Cee

Terá Cee un inverno completo para este curso 2013/2014. A Concellería de Cultura, Educación e Deportes - Tenencia de Alcaldía vén de presentar unha variada Programación de Actividades Físico-Deportivas Municipal para o novo curso. Hai de todo, e para todos os públicos.

Os máis pequenos poden apuntarse a numerosos deportes como fútbol sala, baloncesto, fútbol, baile, taekwondo, natación, patinaxe, vela... Para os maiores hai Ximnasia de mantemento, actividade física, atletismo, natación e fútbol sala.

As pre-inscricións se poderán facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar Casa do Concello) ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 3).
O prazo rematará o vindeiro 27 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios