Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un museo para 125 anos máis

Un museo para 125 anos máis

Non hai moito a Fundación Fernando Blanco de Lema, de Cee, celebraba o 125 aniversario do Instituto. Pois ben, no día de onte, o Museo da Fundación asinaba un convenio coa empresa Ferroatlántica para garantir a continuidade do Museo na súa sede da centenaria da "Escola de Nenas" da vila da Xunqueira.
Deste xeito poderemos seguir disfrutando dos Tesouros da Fundación como vimos facendo en QPC onde levamos dixitalizando ducias de tesouros da man de Darío Areas, Secretario da Fundación e Coordinador do Museo.

Así, o director das fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría, Carlos Oliete, e o alcalde de Cee e presidente da Fundación, Ramón Vigo, reuníronse hoxe no salón de plenos da casa consistorial para asinar un documento que testemuña a entrega de dita cantidade que permitirá manter a estabilidade económica e o funcionamento do Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema.

A empresa comproteuse a realizar unha achega extraordinaria de 3.000 euros que se suman aos 15.000 anuais (o 50 por cento dos seus recursos económicos fixos) que anualmente xa entrega a empresa trala sinatura dun convenio no ano 2008 e que se renova de xeito periódico.

Este centro, ademais de acoller charlas, conferencias e outros actos de índole cultural, convírtese en obrigado recorrido dos centros escolares do entorno e constitúe unha das paradas turísticas dos visitantes á comarca. Ademais prantexan a creación dun proxecto didáctico, que será xestionado pola Asociación Neria.

Tesouros da Fundación

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios