Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Un perfecto modelo saído de Salvacadelos

Un perfecto modelo saído de Salvacadelos
Pinio medra feliz en Suiza

Esta semana comprobamos o poder das historias bonitas de Salvacadelos. A viaxe salvadora de Tripod creou toda unha revolución na rede e nos serve de exemplo como as comunidades europeas entenden o respecto polos animais.

E non hai moito que quedabamos abraiados coa incrible historia de Pinio. Un cadelo completamente destrozado por algún desalmado que era rescatado por un par de peregrinas suizas. Tras costear a súa recuperación e a súa viaxe, Pinio medraba feliz nos Alpes Suizos.

A raíz da historia de Tripod, as Veterinarias da Clínica Veterinaria Argos de Cee, co-responsable da iniciativa Salvacadelos, pegaron un toque ás salvadoras suizas para ver como estaba Pinio. E esta a resposta non pode darnos unha meirande alegría:

"Pinio é aínda o orgulloso, traveso, feliz e pequeno can que nunca separo da miña vista. Arranxa a miña vida", cóntanos Ruth Kochgruber.

Pero a cousa non queda aí porque Pinio, ademais de correr polos verdes montes, serve de modelo para algún dos cadros da mesma Ruth. Así, se pinchades www.ruth-kochgruber.ch/‎ podedes ver algún cadro de Ruth cun modelo costeiro!!

Pinio e modelo da artista e salvadora suiza Ruth Kochgruber

Sen máis, enviámoslle un forte saúdo a Ruth, a toda a familia suiza que salvou ao pequeno Pinio, e que siga medrando así de feliz.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Fonte

Comentarios