Venres. 30.09.2022
El tiempo

Un verán ateigado en Salvacadelos

Un verán ateigado en Salvacadelos
Salvacadelos cheo polo veran

Non é a mellor época o verán para os nosos animaliños. Sempre que chega esta estación, a Clínica Veterinaria Argos de Cee, a casa de Salvacadelos énchese de máis. Por iso, as bravas heroínas de Salvacadelos queren arrincar unha campaña de concienciación para que todos saibamos mellor como actuar ante esta situación de emerxencia.
Falaremos de adopción, da importancia do chip e dunha chapiña, da necesidade de recudir o número de cans… e hoxe empezamos falando das proliferación de animais abandonados en temporada estival.

Non hai máis que ver o case saturado Facebook de Salvacadelos, con mensaxes a todas horas de camadas que necesitan un fogar, ou de canciños atopados perdidos pola volta. Impresiona ver a rede do Facebook o ben que funciona e como en apenas unhas horas a través da internet conseguen atopala casa dese peludiño de Muxía, ou desa cadeliña pequecha que aparecía polo Son, en Cee.

As causas son diversas polas clásicas ondanadas de cans abandonados en temporada de verán. Son moitos os cans que se perden nestes días de aventura. Outra das situación máis típicas é que os turistas non sabe, non entende, como os cans viven ceibos polas aldeas do rural galego e, pensando que están perdidos, os recollen e os sacan das súas vilas.
Outros cadeliños arrímanse aos peregrinos por un cachiño de pan, e estes acaban deixándoos (non todos), abandonados ao final do Camiño, cando chegan a Muxía ou Fisterra.

Hai historias bonitas

Aínda así, hai historias ben bonitas. Xa temos aprendido como queren aos animais por Europa coa historia de Neme, a Tripod ou a de Pinio. Este verán, as heroínas de Salvacadelos volveron coñecer xentes das que de verdade cómpre aprender.

Falamos desta volta do caso dunha parella belga ao que un canciño comezou a perseguir pola zona de Negreira. Non sabían moi ben que facer pero a cadela pegouse a eles ata chegar a Cee. Aló preguntaron e acabaron en Argos preguntando pola posibilidade de atoparlle un novo fogar, ou de devolvelo ao seu. Preocupáronse de que a cadeliña tivese unha casa, e de non conseguilo, comprometíanse a levalo ata Bélxica con eles. Unha demostración do amor e respecto polos nosos compañeiros.

Seguiremos coa campaña durante este mes para seguir facendo que entre todos teñamos constancia da, ás veces crúa, realidade dos nosos amigos.

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar.

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios