Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha ceense de Ultratrail por Alaska

Unha ceense de Ultratrail por Alaska
Susana Gomez Castineira pola neve de Alaska de Ultratrail

Alá foi. Saía onte Susana Gómez Castiñeira a facer nada menos de 350 millas, tirando dun trineo, polo xeo de Alaska, nunha proba extrema chamada Iditarod Trail Invitational. Falamos dunha brava deportista ceense, afincada en Lanzarote, para a que a ilusión move as súas pernas, como demostra a súa web.

Podemos seguirlle a pista kilómetro a kilómetro en directo, a esta proba da herencia guerreira en Cee. Pois, como nos descubre o seu veciño Juan M. Trillo, Susana colle o relevo de xentes como Pilar Hidalgo, outra ceense que vive en Suíza, e que pasa por ser a mellor triatleta galega da historia. Unha muller que competiu man a man co mesmo Iván Raña, campiona do mundo de Triatlon, que corría tamén nos Ironman, pero tivo que deixalo por problemas de saude en 2008.

Polo de pronto, seguirémoslle a pista a Susana, para que non lle pase nada cos renos…

Susana Gomez Castineira pola neve de Alaska de Ultratrail 2

O Ultratrail do Camiño dos Faros

Susana Gomez Castineira no Ultratrail Camino dos Faros

E falando de probas extremas, non podemos deixa de falar do Ultratrail Camiño dos Faros, que xa ten data para 2015.

De feito, Susana fixo o Ultratrail 2014, unha experiencia inesquecible para ela, como recolle no seu blog, deixando claro que “O Camiño dos Faros hay que vivirlo. Yo, por primera vez, me he quedado sin letras para expresar lo que he sentido”. Susana deixou a porta aberta da súa casa con esta experiencia “Quizas O Camiño dos Faros haya cambiado mi concepción de vivir experiencias de este tipo”, destacaba, despois de cruzar a meta a primeira edición, e de volver, dende Fisterra, ata a súa casa de Cee, a pé. Un bo comezo de vacacións!

Veremos se este 2015 a podemos ter con nós os 25 e 26 de xullo, nesa saída festiva do porto de Malpica ás 0:00h do sábado 25. E tamén, claro está, nesa chegada, 48 horas despois, no Faro de Fisterra.
Xa tendes o regulamento e xa está aberto o Prazo de inscrición.

E aquí, unha mostra de Carlos Tas do Ultratrail Camiño dos Faros 2014:

Máis información

Novas relacionadas

  • O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
  • A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
  • Fonte

    Comentarios