Unha charla necesaria sobre a venda directa nos mercados
Canta falta fai unha charla sobre o novo Decreto que regula a venda de produtos primarios. A situación das “Señoras do mercado”, que teñen que asumir novas esixencias burocráticas, está desapamparada pola falta de información. Moitas non saben que pode e que non poden vender, que papeis necesitan, ou que etiquetas lle teñen que poñer ás súas rabisas.
O Concello que máis se está a preocupar con todo isto é o de Cee, que xa aprobou en pleno unha moción apoiando aos vendedores e que agora artella unha Charla Informativa sobre o devandito Decreto 125/2014 do 4 de setembro sobre venda directa dos produtos primarios.
A cita será o venres 21 de novembro ás 20.00 horas no salón de actos do Concello de Cee, e será Eugenio Romero, representante da Consellería de Medio Ambiente, o que lle explique á xente o novo proceder.
Mentres, vaian tomando nota desta Guía para a venda directa de produtos primarios nos Mercados.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).