Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Unha marea de cores costeiras para lembrar a traxedia palestina

Unha marea de cores costeiras para lembrar a traxedia palestina
Safa encheu a Casa da Cultura de Cee de traxes palestinos  -Foto-Rafa Quintans Safa encheu a Casa da Cultura de Cee de traxes palestinos -Foto-Rafa Quintans

Completo acto o que artellou Mohamed Safa na Casa da Cultura de Cee esta tarde de domingo 15 de novembro. Poesía, tradición e música mesturáronse na vila da Xunqueira para seguir recordando a eterna ocupación que sobre o pobo palestino na súa terra. Unha realidade, a de Palestina, que precisamente non nos é allea na Costa da Morte, gracias ao traballo deste incansable activista.

Responderon Cee e Corcubión, a súa vila de acollida, e outras partes da bisbarra, que case encheron o enorme auditorio. Tocáballes aos artistas encher os escenario de emotividade e sentir.

Moi boa entrada para apoiar a causa Palestina-Foto-Rafa Quintans Moi boa entrada para apoiar a causa Palestina-Foto-Rafa Quintans Mohamed Safa tamen tivo unhas palabras sempre interesantes-Foto-Rafa Quintans Mohamed Safa tamen tivo unhas palabras sempre interesantes-Foto-Rafa Quintans

E para comezar, unha de pelos de punta xeralizada na sala. A cantante galego-palestina Najla Shami cantou coma os anxos, e deixou moitas gañas de volvela ver de preto nun concerto onde ela soa sexa a protagonista.

Pero había moito máis. Un séquito de mulleres da zona, e un bravo asturiano-galaico, volcáronse ca causa, e vestiron os traxes típicos de diferentes zonas de Palestina. Percorrimos vilas como Hebron, Ramalla, Nablus… e como non, a dividida Jerusalem, a través dos seus vestidos tradicionais. E mesmo houbo tempo para un casamento.

Entre viaxe e viaxe, guiados pola sabedoría de Begoña Carazo Alameda, tocaba parada para reflexionar en verso. Ácedos e duros, como o conflito, foron os versos de Suso Bahamonde. Álex López tivo verbas duras tamén para os invasores, mentres Jaime e Serxio Iglesias puxeron tamén o fincapé na traxedia humana.

Non faltou a voz de Safa no evento, sempre con ese xeito de trasmitir emocións cos seus discursos, utilizando desta volta a imaxe desa chave que representa o dereito de todo emigrante a voltar á súa casa...

Toda unha marea de arte unida para que un pequeno curruncho do mundo erga a voz contra unha inxustiza que acontece na outra beira do mundo.

Najla Shami en Cee-Foto-Rafael Quintans Najla Shami en Cee-Foto-Rafael Quintans

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios