Unha muller faleceu en Cee tras ser atropelada
12:41 23/11/14
Malas novas dende a estrada. A pasada tarde de sábado, arredor das 20:00h, unha muller de 91 anos era atropelada por un turismo en Lobelos, Cee, na estrada AC-552 preto da parada de bus.
O particular que chamou ao CAE 112 Galicia advertiu da gravidade da situación, por iso, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou, de inmediato, a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, que, pouco despois, confirmaron o falecemento da persoa. Tras a alerta ás 20:00 horas de onte, ademais de Urxencias Médicas, o 112 Galicia pediu a colaboración da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Pero xa foi tarde, e a señora falecía.
Novas relacionadas
- Unha muller tivo que ser excarcelada tras un accidente en Nantón.
- 22-10-14: Un mozo de 35 anos perde a vida nun accidente laboral en Vimianzo.
- 13-10-14: Un accidente con dous feridos provoca serios atascos en Coristanco.
- Que non te paren! Unha campaña pola Autovía Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).