mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha Semana de Ciencia e Coaching en Cee

Unha Semana de Ciencia e Coaching en Cee
Semana da Ciencia de Cee 2015

Chegan novedosas actividades en Cee cunha Semana da Ciencia e un Taller de Coaching, temáticas pouco habituais e non por iso menos interesantes, na Costa da Morte.

Así, a Casa da Cultura do Concello de Cee acollerá a semana do 20 ao 26 de abril a I Semana do Medio Mariño en Cee baixo o lema “Coñecer para conservar”. Do 20 ao 24 de abril (de 10:00 ás 13:00h) realizaranse exposicións guiadas polos/as biólogos/as mariños do "Canto da Balea", con actividades para os/as nenos/as e previamente concertadas cos centros escolares do concello. Ademais, durante toda a semana a mostra estará aberta ao público de 17:00h. ás 20:00h.

Vai de coaching

Taller de Coaching en Cee

"Como descubrir os teus obxectivos profesionáis e acadalos" é o lema doTaller de Coaching que prepara o Concello ceense para o Mércores 29 de abril das 16:00 ás 19:30 h., no Salón de Actos do Concello de Cee. Un taller dirixido a todo o público en xeral, especialmente a demandantes de emprego e futuros emprendedores/as.

Máis información e inscricións no Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego do Concello de Cee (SPEG) - Tlfno. 981 745 100 (ext. 6) - orientacionlaboral@cee.dicoruna.es.

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios