Martes. 30.04.2024
El tiempo

Unha vía de sentido único en Ameixenda?

Unha vía de sentido único en Ameixenda?

O alcalde vén de convertir a rúa interior principal do lugar de Lamas, en Ameixenda, nunha vía de sentido único. Unha decisión que parece estar tendo repercusión entre os veciños, ou alomenos así nolo contan dende o BNG ceense. O grupo da oposición pregúntase "por que o fixo... se o concelleiro de tráfico visitou o lugar, se hai un estudio que xustifique o cambio, ou si simplemente é unha nova medida arbitraria".

Dende o BNG aseguran que "hai razóns obxectivas para manter o dobre sentido de circulación: O cambio fai imposible o acceso de ambulancias, camión de bombeiros, e outros servizos esenciais a varias casas do lugar. Ademais, supón un perxuizo para os veciños que posúen garaxes nesa rúa, que teñen que dar unha volta considerable. E por último, é contradictorio coas normas existentes e pode causar inseguridade vial".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios