Venres. 26.04.2024
El tiempo

A USC establece un diálogo co mundo árabe nun curso da Universidade de Verán

Mohamed Safa na a Gala polos Refuxiados palestinos-Foto-Rafa Quintans
Mohamed Safa. Foto-Rafa Quintáns
A USC establece un diálogo co mundo árabe nun curso da Universidade de Verán

Do 6-8 de setembro de 2022, a Universidade de Verán de Santiago de Compostela celebra un simposio que afondará sobre o mundo árabe. Un curso que conta co-financiamento do Concello de Santiago de Compostela e da Fundación Araguaney, que se desenvolverá na Facultade de Filosofía e que sumará 16 horas lectivas para o estudantado e unha marea de coñecemento real da situación dos países árabes, para todos os asistentes.

O curso está coordinado por Mohammed Safa. O noso oftalmólogo palestino-costeiro sumou forzas coa filóloga Carmen Mellado e o xornalista Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) para artellar un programa completísimo, formulado para “sensibilizar a conciencia solidaria da sociedade galega sobre a dramática e violenta situación que vive o pobo palestino a raíz da ocupación do seu territorio” explica Safa, tamén interesado en mitigar a polarización entre razas.

Podes matricularte na sede virtual da USC.

PROGRAMA

Día 6:

  • 17:00-17:30: Inauguración do curso. Sr. Alcalde de Santiago de Compostela Representación da reitoría da USC
  • 17:30: Conferencia inaugural: O movemento sionista e Israel. Ilan Pappé, profesor titular da Universidade de Exeter (Reino Unido), codirector do Centro Exeter de Estudios Etno-Políticos e activista político
  • 19:00: Condicións de vida nos cárceres israelíes. Sahan Francis, Directora Xeral de “Addameer” (Organización nos territorios palestinos ocupados)

Día 7:

  • 10:00: A cidadanía desde a perspectiva dunha muller: a alma dun estado de dereito. Fátima Rashid, avogada e política (Asamblea de Ceuta)
  • 12:00: As claves do proceso de paz palestino-israelí. Ignacio Álvarez-Ossorio Alvariño, profesor da Universidade Complutense de Madrid
  • 16:30: Experiencia como periodista nas guerras de Gaza (2012-2014). Yolanda Álvarez, xornalista enviada especial a Irán, Túnez e Iemen (corresponsal oficial no Oriente Medio)
  • 18:00: Os dereitos humanos e a revolución árabe. Santiago Alba Rico, escritor-ensaísta e filósofo
  • 19:30: A Segunda Nakba Palestina. Mohamed Safa, oftalmólogo e escritor activista sobre a causa árabe

Día 8:

  • 10:00: Mesa Redonda: Como entender a crise do mundo árabe. Relatores: conferenciantes das Xornadas
  • 12:00: Proxección dunha película e debate
  • 14:00: Acto de clausura e entrega de diplomas

Comentarios