Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Os usuarios de APEM mentalizan aos escolares sobre as enfermidades mentais

Luís Cores impartindo a charla de APEM nun centro da comarca
Luís Cores impartindo a charla de APEM nun centro da comarca
Os usuarios de APEM mentalizan aos escolares sobre as enfermidades mentais
Os usuarios de APEM mentalizan aos escolares sobre as enfermidades mentais

Directa, clara, sen rodeos. A nova campaña de sensibilización da familia de APEM Cee, "Mentalízate", está sendo todo un éxito en canto ao impacto se refire. Non están acostumada a rapazada a escoitar xentes como Luís Cores, usuario de APEM, explicando en primeira persoa as causas e factores de risco das enfermidades mentais. Ninguén coma el, capaz de falar en público e de captar toda a atención dos rapaces, para contalo.

Luís, coa axuda de varias profesionais da entidade, están levando a campaña ata o alumnado de 3º e 4º da ESO de varios centros de ensino como o CEIP Manuela Rial, o IES Agra Raíces, o IES FIn do Camiño, o CEIP Nosa Señora do Carme, o CEIP Mazaricos da Picota ou o IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto.

Quédalles aínda recibir a senlleira visita aos rapaces e rapazas do IES Terra de Soneira e o IES Máximino Romero Lema, onde ademais aprenderán o traballo de APEM e a súa loita diaria na plena integración das persoas que sufren enfermedade mental. <

Novas relacionadas

Comentarios