Luns. 06.04.2020
El tiempo

Vivindo a corentena na distancia: A realidade dos erasmus da Costa da Morte

Nerea Lema leva de erasmus na cidade de Rennes, Francia, dende o pasado setembro.
Nerea Lema leva de erasmus na cidade de Rennes, Francia, dende o pasado setembro.
Vivindo a corentena na distancia: A realidade dos erasmus da Costa da Morte

Dende o pasado venres, España, e por conseguinte tamén a Costa da Morte, leva tomando medidas e está cada vez máis e máis concienciada sobre o Coronavirus e a importancia de gañarlle tempo e intentar frear ao máximo a curva de contaxios. É por isto que a meirande parte da poboación está nas súas casas pasando a corentena cos seus familiares, aínda que haxa outros casos como persoal sanitario, gasolineiras ou outros comercios de primeira necesidade que teñan que seguir día a día a pe de canón nos seus postos de traballo. Mais tamén hai outra cara desta situación, e son todos aqueles aos que lles toca pasalo lonxe das súas familias e mesmo noutro país.

Este é o caso de Nerea Lema, unha ceense estudante de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo que dende setembro está de erasmus na cidade de Rennes, en Francia. A pesares de que retornou á vila durante as vacacións de navidade, Lema leva dende o 7 de xaneiro na cidade francesa onde agora a mesmo a pilla no medio dunha crise sanitaria a nivel mundial. QPC tivo unha conversa con ela na que nos comentou como está a vivir esta situación tanto ela como a súa familia, que medidas está a tomar o Goberno francés e cal é o nivel de concienciación alá.

  • QPC: Cando saltou a voz de alarma co coronavirus aí en Francia?

Comezou a semana pasada basicamente todo. O presidente deu un discurso dicindo que pechaba as universidades pero sen embargo o domingo houbo eleccións xerais e o presidente as mantivo, despois a zona das discotecas, a zona de paseo está chea de xente... Relamente, se che digo a verdade, aquí a xente está super tranquila, está pola rúa como se nada. Aquí como que o pánico aínda non chegou. Si que é verdade que están desinfectando os medios de transporte, están chegando máis medidas pero non son moi drásticas. Non se notan moito de momento.

  • QPC: A quen notas máis concienciado aí?

Sinceramente, da miña residencia, Italianos e Españois. Somos os únicos que estamos concienciados de que non se pode saír da residencia. E despois Chinos tamén, claro. Os franceses están como se nada.

  • QPC: A túa residencia é só de erasmus, ou tamén vivides con franceses?

Non, hai xente francesa que estudia na universidade e como a nosa residencia está xusto enfronte á universidade, pois en vez de irse a un piso, viñeron a unha residencia. E despois hai moitísimo español, moitísimo erasmus, moitísimo italiano, irlandeses, alemáns... Hai de todo.

  • QPC: Estás tomando medidas de prevención, aínda que aí non se declarase corentena como tal aí en Francia?

Dende o venres só saín para ir ao super, non saín máis. Eu eston moi cagada, a verdade. Estou todo o rato na residencia. A ver, pásase ben, porque estamos todos xuntos, pero estamos todo o tempo aquí.

  • QPC: Pero vendo que a xente francesa que comparte residencia contigo está a facer vida normal... Como se leva iso?

E que eu realmente só me estou a xuntar cos españois e os españois estamos tan concienciados que non saímos. Cos franceses creo que non falei con eles en todo o ano jajaja.

  • QPC: Tes medo a que haxa algún contaxio na residencia?

Sí, moito. O problema é que se un de nós termina contaxiándose, vai rematar todo o mundo contaxiado. A ver, eu estou tranquila porque aquí en Rennes só hai 37 casos e o hospital funciona perfectamente, hai dou hospitais e no caso de que nos contaxiemos van a poder atendernos. Non están colapsados nin nada. Entón, iso danos tranquilidade, pero si que é verdade que sei perfectamente que no momento en que algún de nós estea contaxiado, vai estar contaxiado todo o mundo. Iso téñoo bastante claro.

Despois, si que é verdade que hai xente que entrou en pánico... Por exemplo, nós eramos 30 españois e agora imos quedar como 10, porque a xente entrou en pánico e quere volver para as súas casas. Pero eu en principio decidín quedar.

  • QPC: A universidade douche a opción a retornar?

Sí, a Universidade de Francia doume a opción de facer a fin de estadía todo por internet, clases por internet, exames por internet e eu poder irme á miña casa, pero voume quedar a pasar a corentena aquí máis que nada porque é que eu creo que se me meto na miña casa agora voume volver tola jajajaja. Prefiro estar na residencia que aínda así  vou de habitación en habitación, falo con xente... Non sei, ao fin e ao cabo é coa xente coa que vivo.

Ademais, falei coa miña nai, coa miña Universidade de Vigo, falei coa Embaixada española e todo o mundo recomendoume que quedase en Francia, porque é moito mellor que me quede onde estea e entón, vou quedar.

  • QPC: Cales son as túas previsións de aquí en diante?

Eu en principio o primeiro polo que quixen quedar en Francia foi máis que nada porque vin o pánico e o estrés en España e aquí en Francia todo o mundo moi tranquilo... De momento vou quedar. Si que é verdade que agora que a xente está volvendo ás súas casas, si que pensei en volver, pero todo o mundo díxome que é mellor que me quede en Francia. E de momento, a miña idea é quedar e pasar toda a corentena ou o que dure isto, pero tampouco che aseguro que dentro de tres semanas entre en pánico e eu tamén queira marchar. A min a Embaixada díxome que ao ser residente española e ser española, eu podo volver a España en calquera momento. Si que me preocupa un pouco pero de momento decidín quedar e vou cumprir.

  • QPC: Polo outro lado, como están levando os teus pais e o resto da familia a distancia en medio desta crise sanitaria?

Pois, o meu pai traballa en Suíza e a miña nai está en Cee. Falei con eles e como eu estaba bastante tranquila, pois eles dixéronme que quedara porque é mellor.... Pero o outro día a verdade é que entrei un pouco en pánico e chamei á miña nai e díxenlle "Mamá, e que si a universidade me deixa ir, pois igual si que quero ir" E miña nai díxome: "A ver Nerea, eu o que che diría é que mellor que te quedes aí, porque aquí as cousas están bastante mal. Vas chegar a aquí e vas estar en casa. Ao final non vas estar nin por aí nin nada". Entón, ela recomendoume que mellor que me quedara aquí. E hoxe, se che digo a verdade, chameina por videochamada e entroume o pánico de novo, púxenme a chorar e díxome "Bueno Nerea, se estás así pois veste xa eh!" jajajaja. Pero a ver, que non. Obviamente teño momentos de baixóns e momentos nos que me levanto pola mañá e digo, quero irme, porque ao final e que estou encerrada tamén, pero despois cando o penso xa máis en frío digo, Nerea é moito mellor que te quedes aquí, porque en Cee vas estar amargada.

  • QPC: E que aquí, de vir, sería ao final tamén estar na casa.

Si, a min polo que me están a contar as miñas amigas, non saen da casa. Unha delas saíu a levar á súa nai a traballar e parouna a Garda Civil e díxolle que ela non podía saír de casa que tiña que coller só a súa nai o coche. Sen embargo aquí en Francia nin está a garda civil, nin o exército, os medios de transporte funcionan ben, o supermercado está perfectamente, a xente está pola rúa... E eu creo que vainos estallar en calquera momento, porque a xente está moi tranquila. E ao fin e ao cabo, hai o mesmo número de contaxios aquí que en España, igual un pouco menos, pero hainos.

  • QPC: Aquí ata hai practicamente uns días tamén se estaba igual. A xente tampouco non se preocupaba porque sabían que se o pillaban non lles ía pasar nada. Pero claro, xa non é que lle pase algo a unha persoa en concreto, senón que esa persoa á que non lle vai afectar case llo poida pasar a unha persoa do grupo de risco que realmente poida padecelo gravemente.

Ese é outro dos motivos polos que non quero irme a España, porque se me vou a España a pasar a corentena, teño medo que llo pase á miña nai e a miña nai vaia a ver aos meus avós... Miña nai pode que o pase sen problema, pero os meus avós igual non. Entón digo, mellor que non, porque teño que coller moitos medios de transporte para volver a España. Teño que coller avión, a parte teño que facer a escala en Madrid.... E que non, non me podo ir.

comentarios