Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte

Esta noite de sábado confirmouse o primeiro caso de positivo por coronavirus na Costa da Morte. Un fisterrán, chegado dunha excursión do IMSERSO en Barcelona daba positivo no Hospital Virxe da Xunqueira, onde quedou ingresado e illado, despois de activar o protocolo.
O paciente xa estivera o pasado mércores, nada máis chegar, no centro hospitalario ceense, pero o mandaron para casa asegurando que se trataba dunha gastroenterite, unha vez que Barcelona aínda non era zona de risco, e non presentaba unha clínica clara (tiña diarrea e ata estes días non se descubriu que tamén inflúe), e polo tanto non se lle podía facer a proba.
Ao continuarlle a febre, chamaron ao teléfono de atención 900 400 116 (ata 300 chamadas tiveron que facer para que o atendesen) ata que esta madrugada do venres ao sábado o 061 chamou de volta. Achegouse ao HVdX onde lle fixeron a proba e deu positivo.
A familia, que se mantivo o máis illada dende que comezaron as sospeitas, manteñen nas súas casas cumprindo as normas de illamento que xa nos afectan a toda a poboación.
Ao chegar dunha excursión do IMSERSO, a parella de ceenses que os acompañaron na viaxe en coche tamén están en corentena.
Todas as novas do Coronavirus
- 14-03-2020: A Costa da Morte suspende a Semana Santa:
- 12-03-2020: A información dos Concellos ante a crise do coronavirus.
- 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade.
- 12-03-2020: Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra.
- 11-03-2020: Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus.
- 11-03-2020: O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO.
- 09-03-2020: Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.