Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Volve a polémica a un Pleno de Cee que aprobou os orzamentos do 2012

Volve a polémica a un Pleno de Cee que aprobou os orzamentos do 2012

Levabamos temo con plenos tranquilos en Cee, dende o circo da moción de censura. Onte, un tema crispado saltaba no medio da votación dos Orzamentos 2012: a sgeunda gasoliñeira de Cee.

Foi Plácido García Insua, que habitualmente é cordial e diplomático, o que se saltou a orde do día para "acusar a un concelleiro de levarse 60.000 euros por votar en contra da recalificación da parcela onde se ía construir a gasoliñeira".

Plácido foi máis aló, e mesturou tamén o asunto da aprobación da licencia final a Lábaro tras varios anos de parálise. Asegurou que "a decisión de resolver a parálise da obra se tomou nun xantar entre amigos nunha casa en Ameixenda".

Aí quedaron as acusacións de corrupción do grupo liderado polo maior imputado de toda Galicia.

As reaccións entre os grupos de goberno non se fixeron esperar, e tanto o PP como os non adscritos quixeron deixar claro "iso non é política, e hai que ser consciente de que o que se di ten consecuencias".

Orzamentos do 2012 aprobados

A todo iso, o pleno de onte era para aprobar os orzamentos 2012 (iso que as contas do 2010 seguen prorrogadas). Uns orzamentos que chegan a medias, pois a día de hoxe xa practamente están agotados. Finalmente, e como cabía esperar foron aprobados cos votos en contra do IxCee e dun PSOE que non sabe onde se atopa.

Son 4,9 millónes de euros, dos que o 40% son en gastos de persoal. Haberá investimentos reais por só 250.000€, dos que 150.000 xa foron gastados con anterioridade, como os comprometidos 50.000€ das orquestras comprometidas para estas Festas da Xunqueira.

Novas relacionadas

Comentarios