"A Voz Silenciada", a nova novela de Guadalupe Vázquez Formoso
18 de marzo de 2025 (10:50 h.)
Non para esta mestra. A produción literaria de Guadalupe Vázquez Formoso é tremenda. Aínda en plena xira da súa novela sobre o acoso escolar, a ceense de Quilmas presenta a súa nova novela. "A voz silenciada" [Ed. Toxosoutos, Colección Nume] naceu da conciencia e chamada a tratar un tema tan delicado como o da violencia de xénero.
Trátase dunha historia que, aínda sendo ficción, bebe da realidade que moitas mulleres viven en silencio.
O libro conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e pronto comezaremos a coñecelo polos centros culturais da comarca.
Máis novas