Xa temos de Novo a Escoliña de Cee
02:14 31/08/13
Este vindeiro luns día 2 de Setembro dará de novo comezo o ano escolar na Escola Infantil de Cee ou tamén ben chamada "A Escoliña de Cee", para este novo ano a Escola presenta unha novidade que seguramente lles guste a moitos pais e nais do Concello, esa novidade é que o horario será mais amplio que no ano anterior e así poder mellorar a conciliación e a adaptación dos mais pequechos.
O mesmo dia o Centro terá a visita da Concelleira de Servicios Sociais do Concello de Cee Mabel Fernandez Durán, a visita está prevista para as 11:30.