mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xornadas de información ao emprendendor en Cee

Xornadas de información ao emprendendor en Cee
Xornada informativa para novos emprendedores en Cee

Os vindeiros mercores día 25 e xoves 26 de setembro de 2013 terá lugar no Concello de Cee as "Xornadas de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento". Unhas charlas que organizan conxuntamente o Concello e a Deputación Provincial da Coruña, ca colaboración do Igape, Aje e Afigal.

O obxectivo destas xornadas é fomentar o emprendemento e dar a coñecer as axudas dispoñibles para a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Ofrecerán ponencias Fernando Piñeiro, da Área de Desenvolvemento Económico da Deputación; Fernando González, da UPD da Deputación, María del Carmen García Seijas da AJE Coruña ou Jacobo Ortiz, da AFIGAl. Ademais, traerán as súas experiencias os responsables de Diver Art, Euronics.

As xornadas son gratuítas e entregarase diploma de asistencia. E xa poden solicitar máis información e inscricións no Concello de Cee – Tecnico Local de Emprego.981 745 100 ext. 6.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios