Luns. 04.11.2024
El tiempo

A Xunta sinala ao Concello como responsable da humanización da AC-552 na entrada de Cee

AC 552 en Cee
Os atropelos é un dos grandes problemas da seguridade de Cee
A Xunta sinala ao Concello como responsable da humanización da AC-552 na entrada de Cee

Chegaba ao Parlamento Galego unha proposta presentada polo BNG para actuar nas avenidas do concello de Cee e mellorar a súa seguridade viaria. Facíao despois moitas criticas do voceiro do BNG local Serxio Domínguez, que pide que leva pedindo solucións ao problema da alta sinistralidade das vías AC-552 e AC-550, que constitúen as principais arterias de comunicación do municipio, e cruzan o centro deste cos nomes de Avenida de Fisterra e a Avenida Fernando Blanco.
“Son reiterados, no tempo e no espazo, os atropelos en ambas vías. A causa deses atropelos atopámola, na maior parte das veces, na falta de seguridade para os peóns. No caso da C-552, chegou a ter uns índices de sinistralidade tal que concentraba no ano 2000 o 30% por cento dos ‘puntos negros’ da rede viaria galega”, advertiu o parlamentario carballés Daniel Pérez.
Por iso, a proposta propuña elaborar un proxcto de urbanización dende rotonda do Lar até o Cruce de Roget.

Ethel Vázquez estivo tamén hai pouco tempo en Cee, acompañando ao candidato Jesús Picallo, e tamén se interesou polo problema dos atropelos polo que parecía que podía haber acordo na Comisión.

Pero o PP negouse á proposta de acordo. A deputada Begoña Freire recoñeceu que a vía autonómica ten un “marcado carácter municipal”, “polo que a súa humanización é unha competencia da administración municipal”. “Gran parte da superficie a humanizar correspóndese con cesións urbanísticas ao Concello cando se edificaron as parcelas lindeiras da estrada, e que unha parte dos traballos probablemente corresponda con renovación de servizos de titularidade municipal”, concretou.
Invitou, iso ao Concello a pedir a colaboración da Xunta para chegar a un consenso.

Comentarios