As Xuntas Locais de AECC da comarca teñen unha cita en Vigo
Son varias, e moi activas, as Xuntas Locais da Asociación Española contra o Cancro da Costa da Morte. Como a de Cee que nos informa do próximo II Congreso de Persoas con Cancro e Familiares. Unha cita que se desenvolverá os vindeiros 18 e 19 de novembro no Auditorio Mar de Vigo, baixo o lema "Galicia fronte ao Cancro”.
Esta edición céntrase nas necesidades de pacientes oncolóxicos e as súas familias, así como das desigualdades orixinadas pola enfermidade.
Contarase con expertos dos ámbitos sanitarios e científicos, que, xunto con profesionais da organización, compartirán experiencias e coñecemento cos asistentes a través de mesas de diálogos, talleres e conferencias. Destaca ademais a asistencia dalgunhas personalidades como Luz Casal, cantante e paciente oncolóxica e Elsa Punset, divulgadora e escritora.
Na páxina galiciacontraelcancer.es, atoparedes máis información sobre o programa, teléfonos de contacto, así como o formulario para inscribirse ata o 3 de novembro, de balde).