13 establecimentos de Corcubión cociñan un novo Concurso de Pinchos


Os días 20 e 21 de Maio, celebrarase a IV do Concurso de Pinchos en Corcubión. 13 establecimentos (si, Corcubión ten máis de 13 bares) asociados á Emprecor participan nesta ruta gastronómicas, unha desas apostas de éxito garantizado na Costa da Morte.
O inicio do concurso será o Venres día 20 as 20:00h ata as 23:00h, continuará o sábado día 21 de 12:00h ata as 15:00h pola mañá e de 20:00h ata as 23:00h pola noite. O coste do pincho será de 1€ máis consumición, as bases do concurso estarán expostas no noso Facebook “Emprecor de Corcubion ”e na app para móviles: “ Quedamos de Tapas”. Os clientes terán a posibilidade de votar o Pincho máis Sabroso e o Pincho máis Orixinal entre os ofrecidos no concurso.
Ademais, haberá premios, sortearán 3 ceas para dúas persoas e, 3 vales de compra por valor 100 euros cada un entre os clientes que cumplan as bases do concurso.
Xa saben, poden facela ruta pasando polo Restaurante San Martín, Bar Alborada, Café Bar O Quenxeiro, Bar Suiza, Bar Tio Moncho, Mesón A Lúa, Restaurante Ás Horténsias , Restaurante Praia de Quenxe, Degustacións Salabardo, Parrillada Casa Cantorna, Taberna Mariñeira O Ribeiro, Cafetería O Carrrumeiro e Bar Bujeiro.
Sixtema colabora cunha APP: Quedamosdetapas
A empresa SIXTEMA colabora con Emprecor, engadindo as novas tecnoloxias a este concurso, e así o explicaba na rolda de prensa Alejandro Lamas.
Quedamosdetapas é unha plataforma que facilita ao sector da hostalería a organización e difusión de concursos e rutas gastronómicas. A plataforma dispón dunha aplicación móbil de descarga gratuíta para os usuarios de iOS e Android, na que se pode ver os concursos e eventos gastronómicos en curso ou próximos. A app pode descargarse usando o código QR que se atopa nos diferentes soportes publicitarios que distribúen os organizadores ou simplemente entrando na tenda de apps do móbil e escribindo "QuedamosdeTapas".
O usuario obtén información sobre os locais participantes (datos de contacto, páxina web, teléfono, localización e indicacións para chegar...), as tapas e petiscos cos que participan, galerías fotográficas, alérgenos, descrición e acceso a un sistema que lles permite valoralas ou compartilas nas redes sociais. Desde outras seccións pódense consultar as bases do concurso, as noticias en tempo real sobre o evento, ou os patrocinadores.
A plataforma tamén conta cunha versión web (http://www.quedamosdetapas.com/) na que se pode consultar para cada concurso os establecementos participantes e a súa oferta gastronómica en forma de tapas e petiscos.
Fonte
- Emprecor.