Xoves. 18.04.2024
El tiempo

20 asociacións e 700 persoas únense na ADECOM

Adecom
Merche Díaz e Lorena Suárez dirixiron a asemblea da ADECOM
20 asociacións e 700 persoas únense na ADECOM

Cando s ecumple un ano do seu nacemento como asociación, a ADECOM Asociación en Defensa da Costa da Morte, completaba este sábado a súya constitución como Federación de entidades, aspirando a “converterse no referente do seu tecido social e veciñal, xusto agora en que os ataques á nosa bisbarra chegan por mar, terra e aire.”.

Fíxoo cunha asemblea celebrada en Corcubión, na que unha trintena de persoas representaban unha vintena de entidades sociais da comarca, e outras acodían a nivel particular.

Foron Merche Díaz (O Pindo) e Lorena Suárez (Vimianzo) as que conduciron a asemblea, e que as debullaron os principais obxectivo da entidade, e quen realizaron unha mención especial mencióná Asociación Petón do Lobo (Cabana), en recoñecemento ao seu compromiso en defensa da Costa da Morte e ao esforzo titánico e desinteresado que ven realizando ao redactar documentos de alegacións á práctica totalidade dos novos proxectos de parques eólicos plantexados en toda a bisbarra.

adecom 2

Comisión rectora

Apribáronse por unanimidade os seus Estatutos, Regulamento de Réxime Interno e tamén a Comisión Rectora:

  • Jorge Castelo Mourelle.
  • Merche Díaz Mayán.
  • Yasmina Farhani Luaces.
  • Juan Fernández Blanco.
  • Juan Louro Cambeiro.
  • Mario Maceiras Dosil.
  • Belén Pérez Martínez.
  • César Pérez Martínez.
  • Héctor José Soto Santos.
  • Lorena Suárez Pazos.

Obxectivos da ADECOM

  • Promulgará a conservación do medio natural da Costa da Morte, compatibilizándoa co seu desenvolvemento sostible e o incremento da calidade de vida das comunidades locais.
  • Enfrontará, da man das veciñanzas afectadas, aqueles novos proxectos industriais e económicos que suporán unha degradación irreversíbel do medio natural da Costa da Morte e en particular dos seus espazos máis sensibles, e promoverá figuras de protección e conservación acaídas para os mesmos.
  • Promoverá alternativas sostibles a aquelas actividades industriais e económicas contaminantes xa fixadas na Costa da Morte, promovendo unha transición ecolóxica xusta coas comunidades locais.
  • Apoiará a idea dunha Costa da Morte limpa, que non só non xere novos residuos contaminantes froito das actividades humanas, senón que os absorba e elimine.
  • Defenderá a idiosincrasia da sociedade da Costa da Morte, os seus valores arqueolóxicos e patrimoniais e as súas expresións culturais, e nomeadamente, o idioma galego e as variantes dialectais que nesta comarca o enriquecen, defendendo a súa normalización plena.
  • Reclamará servizos públicos, sanidade, educación, infraestruturas e atención ás persoas maiores, con diversidade funcional e infancia... de calidade na Costa da Morte.
  • Promoverá o asociacionismo, colaborando e axudando a que novas entidades poidan crearse na comarca e a súa integración en ADECOM.
  • Será unha organización democrática, participativa e popular, cun ideario laico, feminista e pluralista, oposta por definición a toda forma de discriminación contra as persoas.
  • Actuará con perspectiva de xénero para que as súas accións e proxectos contribúan a transformar a sociedade patriarcal nunha sociedade igualitaria.
  • Recadará os recursos económicos para promover iniciativas que leven a unha maior sensibilización e concienciación social coas problemáticas da Costa da Morte.
  • Establecerá os contactos precisos con persoas e colectivos de todo tipo de cara a obter o seu compromiso de adhesión e apoio ás causas que inicie.
  • Establecerá contactos cos poderes públicos para obter o seu compromiso cos intereses da Costa da Morte.
  • Promoverá e apoiará calquera iniciativa de persoas e colectivos alleos cuxos fins sexan coincidentes cos da propia asociación.
  • Reclamará dos poderes públicos os recursos precisos para o desenvolvemento sostible da Costa da Morte.
  • Promoverá e apoiará solidariamente iniciativas similares noutros espazos naturais do entorno.

Cota

As cotas da asociación quedaron fixadas en 12€ para as persoas que queiran sumarse individualmente, o mesmo que as pequenas entidades con 12 ou menos persoas asociadas. As entidades máis grandes aboarán 2 euros máis de cota por cada múltiplo de 10 persoas que teñan asociadas (como máximo 52€).

Quen queira pode unirse á rede en unete.adecom.gal.

Novas relacionadas

Comentarios