20 asociacións e 700 persoas únense na ADECOM
Cando s ecumple un ano do seu nacemento como asociación, a ADECOM Asociación en Defensa da Costa da Morte, completaba este sábado a súya constitución como Federación de entidades, aspirando a “converterse no referente do seu tecido social e veciñal, xusto agora en que os ataques á nosa bisbarra chegan por mar, terra e aire.”.
Fíxoo cunha asemblea celebrada en Corcubión, na que unha trintena de persoas representaban unha vintena de entidades sociais da comarca, e outras acodían a nivel particular.
Foron Merche Díaz (O Pindo) e Lorena Suárez (Vimianzo) as que conduciron a asemblea, e que as debullaron os principais obxectivo da entidade, e quen realizaron unha mención especial mencióná Asociación Petón do Lobo (Cabana), en recoñecemento ao seu compromiso en defensa da Costa da Morte e ao esforzo titánico e desinteresado que ven realizando ao redactar documentos de alegacións á práctica totalidade dos novos proxectos de parques eólicos plantexados en toda a bisbarra.
Comisión rectora
Apribáronse por unanimidade os seus Estatutos, Regulamento de Réxime Interno e tamén a Comisión Rectora:
- Jorge Castelo Mourelle.
- Merche Díaz Mayán.
- Yasmina Farhani Luaces.
- Juan Fernández Blanco.
- Juan Louro Cambeiro.
- Mario Maceiras Dosil.
- Belén Pérez Martínez.
- César Pérez Martínez.
- Héctor José Soto Santos.
- Lorena Suárez Pazos.
Obxectivos da ADECOM
- Promulgará a conservación do medio natural da Costa da Morte, compatibilizándoa co seu desenvolvemento sostible e o incremento da calidade de vida das comunidades locais.
- Enfrontará, da man das veciñanzas afectadas, aqueles novos proxectos industriais e económicos que suporán unha degradación irreversíbel do medio natural da Costa da Morte e en particular dos seus espazos máis sensibles, e promoverá figuras de protección e conservación acaídas para os mesmos.
- Promoverá alternativas sostibles a aquelas actividades industriais e económicas contaminantes xa fixadas na Costa da Morte, promovendo unha transición ecolóxica xusta coas comunidades locais.
- Apoiará a idea dunha Costa da Morte limpa, que non só non xere novos residuos contaminantes froito das actividades humanas, senón que os absorba e elimine.
- Defenderá a idiosincrasia da sociedade da Costa da Morte, os seus valores arqueolóxicos e patrimoniais e as súas expresións culturais, e nomeadamente, o idioma galego e as variantes dialectais que nesta comarca o enriquecen, defendendo a súa normalización plena.
- Reclamará servizos públicos, sanidade, educación, infraestruturas e atención ás persoas maiores, con diversidade funcional e infancia... de calidade na Costa da Morte.
- Promoverá o asociacionismo, colaborando e axudando a que novas entidades poidan crearse na comarca e a súa integración en ADECOM.
- Será unha organización democrática, participativa e popular, cun ideario laico, feminista e pluralista, oposta por definición a toda forma de discriminación contra as persoas.
- Actuará con perspectiva de xénero para que as súas accións e proxectos contribúan a transformar a sociedade patriarcal nunha sociedade igualitaria.
- Recadará os recursos económicos para promover iniciativas que leven a unha maior sensibilización e concienciación social coas problemáticas da Costa da Morte.
- Establecerá os contactos precisos con persoas e colectivos de todo tipo de cara a obter o seu compromiso de adhesión e apoio ás causas que inicie.
- Establecerá contactos cos poderes públicos para obter o seu compromiso cos intereses da Costa da Morte.
- Promoverá e apoiará calquera iniciativa de persoas e colectivos alleos cuxos fins sexan coincidentes cos da propia asociación.
- Reclamará dos poderes públicos os recursos precisos para o desenvolvemento sostible da Costa da Morte.
- Promoverá e apoiará solidariamente iniciativas similares noutros espazos naturais do entorno.
Cota
As cotas da asociación quedaron fixadas en 12€ para as persoas que queiran sumarse individualmente, o mesmo que as pequenas entidades con 12 ou menos persoas asociadas. As entidades máis grandes aboarán 2 euros máis de cota por cada múltiplo de 10 persoas que teñan asociadas (como máximo 52€).
Quen queira pode unirse á rede en unete.adecom.gal.