Xoves. 10.10.2024
El tiempo

21 kilos de percebe incautados en Corcubión

Percebes para Aspadex
Os percebes incautados foron para a familia de Aspadex
21 kilos de percebe incautados en Corcubión
Novo decomiso da Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión. Circulaba pola via de San Marcos cando observaron como un vehículo que circulaba en sentido contrario realizou unha manobra brusca ao advertir a súa presenza.

A Garda Civil procedeu a darlle o alto ao vehículo ao obxecto de coñecer o motivo de tan repentina manobra, unha vez detido o vehículo ante as dubitativas explicacións do condutor, os axentes solicitáronlle que abrise o maletero do turismo, localizando no seu interior un capazo de plástico negro cheo de percebes.

Os axentes inverviron os 21 kilogramos de percebes carentes de documentación que garantise a súa trazabilidade, e procederon á confección das correspondentes actas- denuncia e á incautación dos percebes.

Os percebes incautados foron entregados no Centro ASPADEX da localidade de Cee.

Novas relacionadas

Novas sobre furtivismo

Comentarios