Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”

Barco Entrando na darsena do porto de Malpica
Ver vídeo aquí abaixo
“Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”

Xa pasaron máis de 3 anos do accidente do Silvosa entrando na dársena de Malpica, que se cobraba a vida do seu patrón José Ángel Sanjurjo Láuzara. 3 anos nos que a Xunta ten realizado diferentes estudos experimentais, mentres os mariñeiros continúan xogándose a vida diariamente.

Moitas xentes do mar consideran a perigosa manobra, digna de rally, de entrada e saída na dársena como unha acción cotián. Pero non hai máis que ver como teñen que facer para evitaren outra desgracia.
O propio Pedro Pérez Martelo, patrón de Malpica recoñece que a dársena non é segura.

Para intentar esclarecer o que aconteceu aquel 19 de decembro de 2018, e para que non volva a acontecer, a familia do patrón do Silvosa segue a escudriñar no accidente. Ángel Láuzara, tío do finado, e mariñeiro en Malpica ante sde marchar para EEUU hai 15 anos, está realizando diversas análises sobre os informes publicados sobre o suceso pola Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos.

”Deberían botarlle man porque se están correndo demasiado risco, e corremos risco de que se peche defintivo do porto”, alerta Láuzara.

”A paradoxa dos portos”

A través dun Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos de confianza, Láuzara vén de realizar unha completa descrición da dársena. O problema xérase cas correntes que se forman ao abriren as comportas, moi fortes para controlar as manobras. Hai un claro problema de descarga, polo que consideran que “as portas deben abrirse sempre no punto máximo da marea, de alta ou baixa”.

“É o que se coñece como a paradoxa dos portos. Se estreitas demasiado a entrada da dársena créanse estes problemas, confrontándose a onda que vai e a onda que volven, entrando en fase ao mesmo instante”, describe Láuzara despois de meses de estudos. “Esa paradoxa das nas dársenas, tes que xogar co balance entre canto abres a entrada e canto queres protexer; se abres un pouco entras en turbulencia, se abres moito non protexes. Creo que en Malpica habería que abrir algo máis a entrada da dársena”, conclúe.

Outra conclusión do Enxeñeiro (que lamenta ademais que o informe da CIAIM non estea asinado, e que na comisión non haia nongún homólogo) é que ”a dársena non debería estar ao final do porto, porque é onde morre a onda”. E recomendaba “poñer os barcos máis grandes ao final da dársena”.

Entrevista co nai do patrón

A activista Pilar-Aymara compartía hai un par de semanas semana unha entrevista con Gelis Formoso, a nai de José Ángel, na que recoñece que nos últimos anos “non se fixo absolutamente nada”, e “ninguén se puxo en contacto con nós”, a pesar de valorar o apoio da confraría.

 

Novas relacionadas

Comentarios