Corcubión repasa en vídeo a súa historia recente
08:44 13/01/11
Cada sábado deste mes de xaneiro de 2011, a Casa da Cultura de Corcubión acolle interesantes proxeccións. Os protagonistas son os vídeos de Hipólito Patiño, fillo dun corcubionés e creador da serie "España insólita".
Se o pasado sábado foi o Mercado Medieval (este ano en perigo de extinción) o protagonista, as proxeccións que quedan serán tan interesantes como unha da Procesión marítima do Carme ou outra sobre a peregrinación de Santiago a Fisterra.
Ademais, tras cada proxección, que terá lugar cada sábado ás 19:30h na Casa da Cultura de Corcubión, haberá un coloquio co autor.
Programa
- Sábado 15 de xaneiro: "Procesión marítima do Carme en Corcubión" e "Concerto de gaitas en Corcubión".
- Sábado 22 de xaneiro: "Virxe do Carme" (en Cee) e "Lanjarón".
- Sábado 29 de xaneiro: "De Santiago a Fisterra".
Novas relacionadas
- O Concello de Corcubión ponse mans á obra co Mercado Medieval.
- Corcubión bótase “Polo Chan” na TVG tralo Nadal Deportivo.
Fonte
- Concello de Corcubión.