Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Coruña-Corcubión correndo en 12 horas… e en 1925

A Coruña-Corcubión correndo en 12 horas… e en 1925
Clemente Trapote Fernandez correu dende A Coruna a Corcubion

Menuda historia a que recuperaba estes días Luís Lamela a través das redes sociais e dos millerios documentos históricos que garda como ouro en pano. Un deses trozos de periódico vello, concretamente da Revista Alborada, chamou a atención do investigador costeiro. Nas súas breves sobre Corcubión, a revista destaca un feito bastante insólito: un home que marchou correndo dende A Coruña ata Corcubión en tan só 12 horas.

Corría o ano 1925, cando o "Liceo Artístico" lanzaba ao seu atleta corcubionés Clemente Trapote Fernández a facer unha xesta. Saía ás 7:00h da mañá da capital herculina e antes das 19:00h xa chegara a vila de San Marcos, superando os 96 km, que se xa sen fan eternos en coche, non quero saber como se farían correndo e a comezos do século pasado.

Foi o seu neto Aquiles Garea o que lle cedía esta foto a Lamela.

Un reto para os amantes do atletismo?

Invítanos esta situación a propoñerlle un reto aos afeccionados ao atletismo da Costa da Morte. Que non son poucos ademais, e cada día vai medrando o seu número. I é que os 8 km/h da marca de Clemente invitan a que é máis que posible realizalo.

Así que lanzamos este reto para os Jorge Lariño, Barca Toba, Míchel Antelo, Teresa Castro, Martín Regueira Rellán e compañía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios