Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Olimpia e o Fogar levaron 18 atletas aos Provinciais

O Olimpia e o Fogar levaron 18 atletas aos Provinciais
Jorge Rodriguez do Olimpia en Santiao

Este sábado 15 de febreiro disputouse no parque santiagués de Salgueiriños o Campionato Provincial de Campo a Través, e houbo participación costeira por partida doble. Dende o sur da bisbarra, a familia do Olimpia estivo alí; e dende o norte, o AD Fogar tamén levou a varios pequenos.

Tamén estivo Jorge Lariño, o ceense adestrador do Olimpia, o domingo en Negreira, nos campionatos galegos, acadando un fantástico 30º posto.

14 atletas do Olimpia

Peques do Olimpia e do AD Fogar no Campionato de Santiago

Asociación Deportiva Olimpia estivo representada por 14 dos seus atletas, dos que destacamos o magnifico 5º posto de Javier Rodríguez que lle dá a clasificación para disputar o Campionato Galego Infantil, tamén tiveron unha actuación salientable as alevíns Aberu Rios 14ª, Lucía Súarez 16ª e o cadete Brais Lago 18º.

As probas comezaron cao categoría Benxamín Feminino onde Aalyah Louro foi 34ª e Laura Sofia 51 e continuaron ascendendo progresivamente segundo a idade, e onde fomos obtendo os seguintes resultados: Alevíns Femininos, Aberu Rios 14ª, Lucía Súarez 16ª e Ana Oca 43ª; Alevín Masculino: Carlos Trillo: 38º; Infantís Feminino: Elena Carreira 27ª, Marta Souto 31ª, Inés Vázquez 40ª, Érica Domínguez 52ª; Infantil Masculino: Javier Rodriguez 5º; finalizando coa categoría Cadete Masculino: Brais Lago 18º, Elian López 30º, Jesús Suárez 31.

Os peques do AD Fogar

Claudia Conde estara nos Campionatos galegos de Atletismo-Foto_AD Fogar

O AD Fogar, que representa deportistas de Carballo e Oleiros, chegaba a Santiago coa participación de Claudia Conde, 3ª clasificada e medalla de bronce da categoría infantil feminina; Andrés Prieto, 4º alevín masculino nunha chegada de infarto polo podio; e David Sancho que chegaba o 15º desta mesma categoría.

Claudia e Andrés participarán no Galego de Cross Escolar (escola de natación e triatlón), que se correrá en Pobra do Caramiñal o 08/03/2014.

Unha de natación

Natacion AD Fogar Carballo

A pasada fin de semana disputábase en Ourense o Campionato Galego Infantil de Inverno en piscina longa, lugar onde 11 nadadores representaban á familia do AD Fogar, 7 do xénero masculino e 4 do feminino. E malia que se esperaba moito máis do equipo masculino, a familia carballesa e oleira conseguiu o obxectivo de meterse entre os 8 mellores equipos da nosa comunidade; sendo finalmente 10º femininos, 7º masculinos e 6º conxuntos por escuadras.

Cómpre de destaca o gran concurso do equipo feminino con actuacións como as de Soraya Hernández (5ª en 400 e 6ª en 800 libres), ou a gran actuación de Xoán Toja (1999). E é que o de Carballo e Oleiros facíase a título individual con 2 medallas de prata, 2 topes nacionais e 2 mellores marcas do club de 15 anos nos 50 libres e os 100 bolboreta. Ademais era 6º nos 100 e os 200 metros libres.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas do Olimpia e do Fogar.

Comentarios