Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación rehabitalará a rehabiitación dos lavadoiros de Corcubión

A Deputación rehabitalará a rehabiitación dos lavadoiros de Corcubión
Muino e antigo lavadoiro de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño e antigo lavadoiro de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans

Ata o bo de Modesto García Quintáns leváranos ao lugar de Quenxe para ver varios tesouros agochados entre o cemento. Porque o muíño e os lavadoiros que hai no lugar corcubionés son ben interesantes. E para recuperalos, a Deputación destinará con 11.000 euros (un 80% do custe total) ás obras de reconstrución tando do lavadoiro de Quenxe, como o da rúa Médico Vicente Fraguela, ese que está embaixo do edificio da Seguridade Social.

A primeira das actuacións, levarase a cabo no lavadoiro situado no lugar de Quenxe, no Concello de Corcubión, e contempla a demolición da cuberta actual e do pavemento de formigón que rodea a instalación, dado o seu actual estado de deterioro. As obras inclúen a construción dunha nova estrutura de madeira de castiñeiro que rematará nunha nova cuberta de tella do país. Asi mesmo, dotarase ao lavadoiro dun novo pavemento a base de lousas de granito albero.
Con esta actuación contribuirse a recuperar un elemento da cultura tradicional galega, facéndoo ademais con materiais autóctonos que se integren mellor co entorno que o rodea.
Para unha mellor canalización das augas, colocarase un novo colector soterrado de PVC para conducir as augas ao exterior, así como a execución dun colector de 125 m, que recolla a auga , mediante a instalación de sumidoiros no camiño, a fonte e baixo pavimento que rodea o lavadoiro.

Na segunda das obras, situada na rúa Médico Fraguela, as obras pretenden a recuperación e posta en funcionamento do lavadoiro situado neste lugar, sen uso dende hai anos. Para isto, desmontarase a parte da infraestrutura que queda en pé para montalo de novo a poucos metros do seu lugar de orixe, polo que serán necesarias pequenas obra de movemento de terras e canalizacións de abastecemento e saneamento de auga.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios