Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Garda Civil desmantela nove albergues ilegais na Costa da Morte

A Garda Civil desmantela nove albergues ilegais na Costa da Morte
Un sinal cos establecimentos hostaleiros de Fisterra

Avisaba en xuño a Policía que se ía poñer en serio co tema da hospedaxe ilegal. E vimos de saber que os Axentes da Garca Civil do Posto de Corcubión finalizaron, durante a última semana, unha operación destinada a erradicar os aloxamentos ilegais que últimamente proliferaban por distintos concellos da comarca de Costa da Morte e que xeralmente estaban vinculados ás actividades relacionadas co Camiño de Santiago.

Os gardas localizaron ata 9 establecementos deste tipo que non cumprían os requisitos legais ou sanitarios suficientes para realizar o labor de hospedaxe. Ademais dos locais clausurados, os axentes realizaron inspeccións noutros establecementos legais e confeccionaron ao redor de 60 denuncias administrativas por infraccións relacionadas coa sanidade, a lei de turismo ou a facenda pública.

Segunda fase da operación

Concellos como os de Dumbría, Cee, Corcubión ou Fisterra foron inspeccionados exhaustivamente ao obxecto de corrixir as distintas irregularidades que se estaban cometendo e que puxeran de manifesto, en distintas ocasións, tanto hosteleros da zona como ata algúns dos peregrinos que foron invitados, por parte dos seus propietarios, a utilizar os establecementos ilegais.

Segundo informa a benemérita, durante o próximo ano levarase a cabo unha segunda fase da inspección ao obxecto de erradicar completamente tan lesiva práctica, tanto para os hosteleros que traballan legalmente, como para os usuarios destes aloxamentos que non cumpren un mínimo de estándares na calidade dos servizos que ofrecen.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios