Martes. 21.05.2024
El tiempo

A Policía Nacional únese para combatir a hospedaxe ilegal na Costa da Morte

A Policía Nacional únese para combatir a hospedaxe ilegal na Costa da Morte
Un sinal cos establecimentos hostaleiros de Fisterra

Continúa a problemática, como cada comezo de verán, cos establecimentos ilegais na Costa da Morte. E en toda Galicia, vaia. Informános hoxe a Xunta Directiva de Hospedaxe da Asociación Hostalería Compostela, de que a Policía Nacional da Comisaría de Santiago establecerá unha "estratexia de colaboración estable entre os empresarios do sector de hospedaxe e as forzas e corpos de seguridade para combater a proliferación de aloxamentos ilegais e mala imaxe que estamos a xerar o destino turístico debido a este tipo de prácticas".

Dentro desta campaña para perseguir a oferta ilegal de hospedaxe. I é que dende Hostalería Compostela, que é un colectivo con socios en máis de 60 concellos dos arredores de Santiago, están a constatar a proliferación deste fenómeno, "especialmente no Camiño Francés e no de Fisterra Muxía. As prácticas irregulares detectadas na zona da Costa da Morte están a xerar unha imaxe nefasta desta ruta, aínda cun enorme potencial de desenvolvemento internacional, polo que Hostalería Compostela está a por en coñecemento das autoridades competentes toda a información recabada de negocios de hospedaxe ilegais que están a funcionar no Camiño de Fisterra e Muxía para que adopten as medidas oportunas co obxectivo de erradicar estas prácticas que están a afectar moi negativamente a imaxe do fenómeno xacobeo e de Galicia como destino", denuncian.

Así, os empresarios do sector turístico fan un "chamamento a todas as administracións implicadas nas actividades socioeconómicas relacionadas co turismo, para colaborar e erradicar este tipo de prácticas que están a xerar unha imaxe nefasta de Galicia, cunha crecente oferta de prazas ilegais de aloxamento vencellada fundamentalmente aos Camiños de Santiago e a Santiago, que é a cidade galega co maior grao de especialización turística e con maior capacidade de internacionalización".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios