Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A importancia de 36 votos en Corcubión e dos pactos en Fisterra

A importancia de 36 votos en Corcubión e dos pactos en Fisterra

Dous resultados relativamente semellantes, en dúas situacións históricas distintas que se poden solventar de dúas formas diferentes. Os resultados das Eleccións Municipais en Corcubión e Fisterra deixan o taboleiro aberto a varias posibilidades, pero mentres en Fisterra parece que o pacto se dá por feito, en Corcubión o máis probable é que vote a forza máis votada… por 26 votos.

Atentos estaremos ata o 13 de xuño, o día do pleno de investidura.

Dan por feito o Pacto en Fisterra

Marcote e Kuka Sar pactaran en Fisterra

Xa no lo dixeran claramente nas entrevistas previas que lle fixeramos a Jose Marcote e Kuka Sar. “A lóxica é aplastante”, aseguraban. E os comicios brindáronlle a posibilidade de romper con 12 anos de goberno popular a base de entendemento.

O BNG xa ten o si da asemblea para levar adiante o pacto, e só falta redactar uns puntos básicos e poñerse a traballar conxuntamente para sacar Fisterra adiante, con José Marcote, candidato do PSOE, como novo alcalde de Fisterra.

Un pleno que terá a Marcote como alcalde, cos seus compañeiros do PSOE Soledad Vilela, Alexandre Domínguez e Rocío Mariño; con Kuka Sar e Teresa Fernández formando tamén goberno polo bando do BNG, con Xan García entrando no pleno con CG, e cos edís do PP, en principio José Manuel Traba, Daniel Juan Benlloch, Rocío Marcote e Ramón Redonda.

Que pasa en Corcubión?

Lalo Insua teniente alcalde de Corcubion

Parece que o máis probable é que Corcubión continúe outros 4 anos de goberno socialista en minoría, despois de ser a forza máis votada por só 36 votos (na Coruña lembren que a Marea Atlántica gañou por 4 votos, para lembrarnos a importancia de cada voto).

”Salvo pacto BNG-PP imos gobernar como ata agora” aseguran dende o PSdG, quen unicamente pediría para ter unha boa gobernabilidade poder falar de dedicacións parciais, algo do que precisamente non quere saber nada o BNG, pois entende que a situación económica do Concello non permite soldos políticos.

Un BNG que valora positivamente os resultados, dos que entende que “houbo menos participación, nós melloramos en porcentaxe e o PSOE baixou e mesmo perdeu un concelleiro”, se ben recoñece que “o noso obxectivo era a lista máis votada”. En todo caso, Ansede asegura que, “como dixen na campaña, o BNG non vai pactar con ninguén, o BNG vaise votar a si mesmo, e a partir aí, que queres que che diga. Imos facer unha oposición construtiva e responsable, pelexando polo Centro de Día, coas contas aprobadas pola nosa abstención para levalo adiante, con Antía Insua e Xosé Lois Lado como concelleiros.

O alcalde socialista será Lalo Insua, con Manuela Fernández, e Jose Louro Pais, Ote, como concelleiros. E se entra Paco Rojo no pleno, por parte do PP entrará Gema Freire e, como novidade, José Manuel Romero Rodríguez.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios