A Oficina de Turismo volverá abrir tras varios meses pechada


A Costa da Morte non se decata da imaxe terrible que dá ter pechada a Oficina de Información Turística de Corcubión. Unha das poucas oficinas ben sinalizadas que servía de punto de encontro para turistas e peregrinos, para coñecer algo máis aló que o cabo Fisterra. Cantas veces os veciños de Corcubión teñen feito de improvisados guías contándolle aos visitantes o fermosa que é a Fervenza do Ézaro e mais o Cabo Touriñán entre outros tesouros da zona, así como informando dos establecementos.
Leva pechada dende de 8 de abril pero parece que as negociacións están en marcha para reabrila. En breve estará aberta pois a Oficina de Información Turística de APTCM tras un convenio asinado coa Deputación, gracias ao compromiso de Zaira Rodríguez.
Máis novidades na APTCM
Polo de pronto, o Cárcere Vello corcubionés, que acolle a oficina, está anegado tralas últimas chuvias, polo que a entidae tivo que celebrar unha xuntanza na Casa da Cultura de Corcubión. A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) tratou dous puntos importantes ademais da apertura da oficina:
- Creación dun Consorcio comarcal, con concellos e empresas, unha vez que a participación da Xunta e da Deputación está desbotada;
- Creación dunha ruta cicloturista pola Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).