Venres. 19.04.2024
El tiempo

A SEMESCOM coñece os Finisterraes de Normandía

A SEMESCOM coñece os Finisterraes de Normandía

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) emprendía o martes outra das sús viaxes dentro do ciclo temático "Na ruta do megalitismo e das fisterras atlánticas, coñecendo así outros Finisterres e tomando boa nota. Nesta ocasión os 42 viaxeiros percorrerán terras da Baixa Normandía e da Alta Bretaña. O Seminario comezou este ciclo de viaxes no ano 2008 cunha viaxe á Bretaña francesa, á que sucederon viaxes ao Alentexo portugués e a Cornualles, como nos contaba Manuel Vilar.

Os viaxeiros saían en autobús o martes rumbo a Xixón onde pasarían a tarde antes de embarcar no Ferry que os levará a Saint-Nazaire, a onde chegaron onte ás 12 do mediodía, logo de realizar unha travesía de 15 horas. Unha vez desembarcados en St. Nazaire, cidade bretoa na desembocadura do Loira, emprenderon viaxe cara a terras normandas ata chegar a St. Lô, a 300 Km., lugar onde se aloxarán os primeiros días, importante punto da resistencia alemá ao desembarco de Normandía. De camiño a esta vila realizaron a primeira visita, xa en territorio normando, á cidade de Granville, cidade comercial que alberga o museo Christian Dior, cun importante porto pesqueiro.

Onte tocaba madrugar para coñecer o Cabo La Hague e o faro Le Goury, punto máis occidental, o equivalente á Costa da Morte e á nosa Fisterra en canto a paisaxe, con grandes acantilados nos que tiveron lugar un gran número de naufraxios, grandes areais, sistemas dunares, etc. Continuarán viaxe cara a Cherbourg-Octaville, a segunda cidade normanda, cun importante porto militar, e Barfleur e o faro Gateville, porto pesqueiro moi importante na Idade Media polas comunicacións con Inglaterra.
A xornada remata logo da visita á praias onde tivo lugar o desembarco de Normandía desde St. Mere-Eglise, primeira poboación liberada polos americanos, seguindo a ruta dos aliados ata Pointe du Hoc, lugar onde tiveron lugar os episodios máis cruentos do desembarco, onde se vistiarán varios búnkeres alemáns.

O venres comezarase o día coa visita a Bayeux, cidade famosa polos encaixes, a catedral de Nôtre-Dame e, sobre todo, polo tapiz de Bayeux, obra da e arte do s. XI única no mundo que representa mediante viñetas a conquista do reino de Inglaterra por parte do duque de Normandía no ano 1066. Seguirase a viaxe pasando por outra das praias do desembarco en Arromanches-les-Bains, onde se pode visitar o museo do desembarque. A viaxe continuará cara a Caen, a capital da baixa Normandía, lugar onde se atopa o castelo residencia do duque de Normandía e a catedral de St. Pierre coas súas famosasa abadías de homes e mulleres, para chegar ao lugar onde se aloxarán os restantes días, La Vivier-sur.Mer.

O sábado sairán de Vivier bordeando a costa do golfo Le Mont St. Michel con visitas a Cancale, famosa polos criadeiros de ostras, Rothèneuf, onde se atopan os penedos esculpidos do abade Fouré con curiosas figuras relixiosas e históricas. Achegaranse a Dol de Bretagne visitar o menhir Champ-Dolent, un dos máis grandes destas terras, a finalizará a xornada coa vista a le Mont St. Michel, de novo en terras normandas, onde se atopa a Abadía-fortaleza, principal punto de peregrinacións de Normandía.

O domingo visitarán St. Malo, cidade bombardeada durante o desembarco que foi recontruído a través de fotos entre 1948 e 1952. Pasarán pola vila de Dinard, un dos máis elegantes centros turísticos da Costa Esmeralda, con estacións balnearias da Belle-Époque; e Dinan, pequena cidade á beira do río Rance, que conserva o trazado medieval e rúas e casas dos séc. XV, XVI, XVII, XVIII.

O último día por terras francesas é o luns 27 na que están previstas as visitas á cidade de Rennes, capital da Bretaña, cun casco antigo que conserva casas dos séc. XVI-XVII. La Roche aux Fées, galería dolménica da comuna de Essé, unha galería cunha cuberta formada por 40 pedras formando un corredor, último lugar que visitarán antes de volver a Saint Nazaire embarcar no ferry que os traerá de volta a Xixón, a onde chegarán arredor das 12 do mediodía, para emprender o camiño de volta a Galicia, logo dunha parada en Cudillero para repoñer forzas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da SEMESCOM, da man de Marta Rey Lema.

Comentarios