Venres. 19.04.2024
El tiempo

Abertos os procesos para tres permisos de marisqueo en Muros e dous na ría de Corcubión

Abertos os procesos para tres permisos de marisqueo en Muros e dous na ría de Corcubión

 A Consellería do Mar convoca tres novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Muros e dous na de Corcubión. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os
requisitos exixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería, a de
Muros neste enlace e a de Corcubión neste outro. A solicitude presentarse na sede electrónica da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación destas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Comentarios