Bebeto leva a historia do fútbol fisterrán a Corcubión

10:05 29/01/25
Despois da máxica presentación celebrada no novo Mercado Cultural de Fisterra, Gabriel Riveiro “Bebeto” continúa coa súa xira de presentación do libro “Balóns a Corveiro. Historia e contra historia do Fútbol Fisterrán”.
A seguinte parada será este sábado 1 de febreiro, ás 12:00h, na Capela do Pilar de Corcubión, da man da Peña Deportivista “Ave César”.
Unha boa ocasión para falar do fútbol histórico, que tanto presta na nosa comarca, desas lendas do noso deporte que trascenden de xeración en xeración, como o fisterrán exxogador do Deportivo José Manuel Traba, que estará acompañado por outros persoeiros do fútbol comarcal.
