Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Bebeto, Manín e Cartamil, protagonistas no repaso da historia do fútbol fisterrán

Bebeto, Manín e Cartamil, protagonistas no repaso da historia do fútbol fisterrán
presentacion-libro-50-anos-do-futbol-da-costa-en-fisterra Manín, Chema Rei, Marcote, Lema Suárez e Bebeto Convertiuse o acto de presentación do libro “50 anos da historia do Fútbol da Costa”, nun fermoso evento para lembrar o pasado dun club senlleiro. Os autores, Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, tiraron de grandes persoeiros do fútbol fisterrán, como son Bebeto (Gabriel Riveiro) e Manín (José López Marcote), ambos protagonistas con nome propio na enciclopedia do noso fútbol, para conseguir que máis de 70 persoas asistisen ao Salón de Plenos do Concello. asistentes-a-presentacion-do-libro-50-anos-do-futbol-da-costa-en-fisterra O acto, presidido polo alcalde, José Marcote, tivo o punto máis emotivo coa homenaxe que os Rapacollóns, a nomeada Mellor Afección da Costa na Gala QPC do pasado verán, en nome de toda a SD Fisterra, lle quixeron render ao eterno capitán. Bebeto foi o encargado de presentalo, despois de lembrar que a primeira novela do propio Lema Suárez, ”Costa do Solpor”, ten na Fisterra do séc. XVIII un dos seus principais escenarios. Manuel Cartamil, coñecido na casa como "Gringo”, foi tantos anos o gran capitán do barco da SD Fisterra, e este ano dá as últimas patadas ó balón no Lira ás ordes do propio Manín. Un Cartamil que foi un dos que deron un paso adiante cando o barco se afundía hai uns anos, formando unha nova directiva con varios xogadores, e que ata agora non puido disfrutar dun recoñecemento na súa propia casa, e que por sorpresa, recibiu emocionado agradecemento a todos os que compartiron con el tantos anos de verde, e especialmente aos seus fillos e á súa muller Rosa. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1118809081571081/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Houbo moito tempo para falar da historia da gran canteira do fútbol costeiro. Chema Rei fixo un resumo da historia do fútbol fisterrán, que destacou e destaca pola súa inesgotable canteira. Como non podía ser doutro xeito, saíu a colación unha das frases máis míticas na vila do Cristo: ”dás unha patada a unha pedra e aparece un futbolista”. Pola súa banda, Lema Suárez fixo un repaso da estrutura desta necesaria enciclopedia do noso fútbol. Tomou a palabra Manín, historia viva do fúbol costeiro, e o fixo co sentido do humor habitual. Contou unha ducia desas anécdotas que darían para varios libros, e fixo rir a todos os asistentes, entre os que se atopaban escritores fisterráns coma Roberto Traba -o dono do Bar A Galería- e Alexandre Nerium (Manolo López, o poeta e guía do Museo da Pesca).

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Fonte

Comentarios