Bebeto: “Disfrutamos facendo cousas para que en Fisterra haxa ambiente”
Hoxe, como cada luns nos #DirectosQPC das 15:00h, temos cita futboleira, porque botamos de menos as crónicas das ligas do #FutboldaCosta.
A entrevista de hoxe foi máis alá do fútbol, pero ten o campo de Ara Solis como epicentro. Falamos con Gabriel Riveiro, máis coñecido como “Bebeto”, alma dunha afección que está levando ao seu equipo dende a 2ª Galicia ata a 3ª División. Un Bebeto que non se molla na porcentaxe de “culpa” que ten a afección neste ascenso meteórico, valorando que “hai varias cousas que se uniron, unha directiva, un equipo, un corpo técnico, unha afección”, para conseguir todo isto.
Bebeto lembrou o nacemento dos Rapacollóns Big Band, cando o Fisterra vencía en San Andrés en abril de 2016 e se alzaba líder da Liga da Costa a 5 xornadas do final.
Dende aquela moito medrou o club, pero considera clave no crecemento do club a fichaxe para que volvese Adrián Makaay, ese faro que guía a nave fisterrá.
”O do fútbol é espontáneo, e o de disfrazarnos en Fisterra tamén o levamos no sangue”. De aí o Entroido de Verán, ou outros eventos sociais que dinamizan a vila de Fisterra. “Damos moito e pedimos pouco, de aí parte do éxito”, apunta.
Amante do fútbol da Costa e da súa historia porque é de familia de míticos xogadores, gusta ler e tocar a gaita, e despois da SD é bo afeccionado do Deportivo, e daquel SuperDépor de Bebeto polo que toleaba.
Novas relacionadas
Máis info
#DirectosQPC sobre o #FutboldaCosta
- Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos.
- Cesar Ferrío analiza nos #DirectosQPC as competicións de volei, fútbol, ciclismo….
- Pedro Gómez, adestrador do Soneira: “Pensamos que pode haber unha posibilidade importante de ascender a Preferente”.
- Marcos Ordoñez: “Os árbitros tamén soñamos con pitar nun estadio cheo a final da Copa da Costa”
- Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa
- Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC
- Unha hora de multi-conversa con Huelvis.
- Unha hora de conversa sob FutFem con Fran Figueroa.
- Os mellores momentos da entrevista a Oscar Leis en QPC.