Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Biblioteca de Corcubión celebra a súa cita mensual coa lectura con Carme Varela e Puri Cabildo

Libros de Carmen Varela e Puri Cabildo
A Biblioteca de Corcubión celebra a súa cita mensual coa lectura con Carme Varela e Puri Cabildo

Continúan as propostas de lectura colectiva mensual da Biblioteca Municipal de Corcubión. A biblioteca, que conta ademais cun grupo de lectura aberto dinamizado pola súa bibliotecaria Isabel Soneira, quere fidelizar citas co público xeral.

Así o próximo sábado 23 ás 19,00h, no marco do mes do Día da Muller, traen unha presentación dobre coas voces de dúas autoras que falan de loitas, compromisos, reivindicacións e formas de facer desde sensibilidades moi atravesadas pola experiencia en feminino. Nun diálogo entre as autoras teremos a oportunidade de coñecer as súas aproximacións literarias ambas recoñecidas no 2022 polo Premio de Creación Literaria (Selic) organizado anualmente desde o Concello de Santiago de Compostela.

O primeiro será un texto teatral, Faise o escuro de Carme Varela, Licenciada en Filoloxía Galega e adicada á escritura o teatro e a xestión cultura.
Pola outra banda Areanegra na Casa Encantada de Puri Cabido, docente, activista feminista, integrante e fundadora de AREANEGRA e da plataforma galega NUNCA MÁIS.

Artigos relacionados

Comentarios