Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG propón retirar a distinción de Fillo Adoptivo a Pedro Barrié de la Maza

Pedro Barrié de la Maza aproveitouse do fusilamento do corcubionés Pepe Miñones para crear Fenosa
O BNG propón retirar a distinción de Fillo Adoptivo a Pedro Barrié de la Maza

Os concelleiros do BNG Lois Lado e Xosé Ansede, rexistraron esta semana unha moción para que se debata no pleno ordinario da vindeira semana, e se execute o mandato da Lei 52/2007 que obriga ás Administracións públicas, e deste xeito se proceza a retirar “escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.

“Na medida que se vai coñecendo esta biografía secuestrada, os concellos van tomando resolucións”, sinalan dende o BNG corcubionés. Por exemplo, o pleno da Coruña celebrado o 1 de outubro do pasado ano, aprobou unha moción que dicía: “Significados franquistas que promoveron e participaron activamente nos espolios do pazo de Meirás e da Casa Cornide –Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano– aínda conservan na Coruña rúas, retratos en edificios públicos, placas e todo tipo de distincións, que non pode admitir unha sociedade democrática”. E acordaba o Pleno “trasladar á Comisión Municipal de Memoria Democrática que inclúa dentro do grupo de traballo para a eliminación da simboloxía franquista o estudo da retirada de rúas, retratos, placas, monólitos e todo tipo de distincións ás persoas que impulsaron, organizaron ou participaron no espolio do pazo de Meirás e da Casa Cornide para beneficio da familia do ditador Franco”.

Lembranm neste caso que “Pedro Barrié foi un franquista convencido, que financiou con cartos propios o golpe de estado contra a república democrática no ano 36, e foi premiado cos bens da xente que asasinaron e espoliaron, como os do deputado corcubionés, Pepe Miñones”. O concelleiro engadiu que ”Este tipo de xente non merece ningún tipo de recoñecemento e é preciso retirarlle o título de fillo adoptivo. Que se saiba non fixo nada polo noso municipio, o único que fixo foi presidir a “xunta pro pazo do caudillo” que recadaba forzosamente cartos entre os veciños. Máis vale tarde ca nunca”.

Lembran que foi procurador nas Cortes franquistas durante oito lexislaturas (1946-1971) e no 1955 recibiu o título de Conde de Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), que nacía precisamente tralo fusilamento do propio Miñones e a compra, a prezo de saldo, por parte de Barrié da empresa “Electra Popular Coruñesa” .

”Nos escritos que Pedro Barrié envía ás autoridades da ditadura recoñece a súa participación na depuración dos traballadores e maniféstase como servidor do franquismo. Como exemplo, o 20 de outubro de 1937 dirixía un escrito ao Gobernador Civil da Coruña no que manifestaba: “Tenemos el honor de comunicar a V.E. que, con fecha de hoy y como continuación a la labor depuradora que esta entidad realiza entre su personal, en cumplimiento de lo dispuesto en la Orden de la Junta Técnica del Estado de 17 de agosto próximo pasado, esta Dirección acordó instruir expediente a los siguientes empleados [...] Quedamos de V.E. con toda consideración, atentos servidores””, denuncian.

Comentarios