mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG, que renovou a súa executiva Comarcal, pide un plan experimental para os mergulladores de Corcubión

Executiva comarcal BNG Costa da Morte
Oscar Insua, Xurxo Rod., Pilar Tubío, Merche Díaz Mayán e Rafa Mouzo forman a nova executiva comarcal BNG Costa da Morte
O BNG, que renovou a súa executiva Comarcal, pide un plan experimental para os mergulladores de Corcubión

O Consello Comarcal do BNG Costa da Morte renovaba esta semana a súa Executiva Comarcal. A distribución de áreas queda do seguinte xeito:

  • Xurxo Rodríguez Baña (Camariñas): Responsábel Comarcal e Finanzas.
  • Rafael Xoán Mouzo Meizoso (Corcubión): Vice-Responsábel Comsrcal, Comunicación e Organización.
  • Pilar Tubío Lariño (Corcubión/Carnota): Acción Feminista.
  • Oscar Insua Lema (Corcubión): Acción Municipal.
  • Mercedes Díaz Mayán (Carnota): Secretaria.

Mergulladores de Corcubión

BNG cos mergulladores de Corcubion

O deputado Oscar Insua, que vén de reunirse, acompañado de Lois Lado, cos mergulladores de Corcubión esta semana, manifestou que “non podemos permitir que no peor momento no que se atopa o sector marisqueiro, quede recurso sen extraer por non existir un plan de xestión. Non son tempos de tirar cos cartos. A Xunta está fallando en algo”

Os mergulladores trasladáronlle o interese en extraer a ameixa e o ameixón con subministración de aire dende a lancha, unha medida que xa rexeitou o PP na Comisión de Pesca do Parlamento.

O deputado volveu rexistrar varias iniciativas no Parlamento galego nas que solicita á Xunta de Galiza aprobar un plan de explotación experimental nas zonas marisqueiras da enseada de Corcubión para explotar a ameixa, nas distintas variedades, e o ameixón, empregando o mergullo con subministración de aire dende a embarcación.

Máis novas

Comentarios