Xoves. 05.08.2021
El tiempo

En breve comezan as obras da senda de Corcubión a Cabo C

CORCUBION 1
En breve comezan as obras da senda de Corcubión a Cabo C

Máis dun ano despois da súa aprobación o pasado maio de 2020, a Deputación inicia este mes as obras da senda peonil que conectará Quenxe co faro C, en Corcubión. O presidente provincial presentou hoxe o proxecto,  adxudicado hoxe por 928.777 euros e que supón un dos maiores investimentos da área de Vías e Obras neste ano.

O proxecto servirá para ampliar e mellorar os 6 km da DP-2801, unha estrada perigosa. 

Ademais, subliñou que “xa se está deseñando unha segunda fase para executar un tramo de 200 metros ao comezo do núcleo de Quenlle porque neste caso é necesaria unha intervención de difícil execución”, como pedira a oposición.

A Bandeira de Traíñas, por primeira vez en Corcubión

González Formoso aproveitou a visita para anunciar que a tradicional Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña regresará a primeira fin de semana de setembro, tras ter que suspenderse o ano pasado pola pandemia, e terá lugar na ría de Corcubión.

 

 

comentarios